Esquema de temas

  • UN MES, UNHA PIONEIRA

    Cada mes puxemos en relevancia unha muller pioneira no seu campo, especialmente no campo das ciencias buscando presentar os traballos no Congreso Científico da Montaña que organiza da nosa localidade entre todos os centros da montaña lucense o Departamente do Física e Química. Pero tamén aproveitamos nalgunha ocasión as datas conmemorativas para traballar sobre unha figura feminina.

  • PARTICIPACIÓN NO CONGRESO CIENTÍFICO DA MONTAÑA

    Como culminación ao traballo realizado durante o curso acerca das mulleres científicas, enfocado a decorar o II Congreso Científico da Montaña no que o alumnado do centro presenta os seus proxectos de investigación, realizamos un pequeno vídeo de presentación do que traballamos. A intención inicial era que as nosas creacións decorasen fisicamente o escenario do Congreso, pero ante a situación xerada pola COVID-19, tivemos que adaptar o escenario, que se convertiu en virtual, e o espazo do que fixemos uso tamén foi a rede, creando este pequeno vídeo-resumo no que pretendemos visualizar o traballo das mulleres na ciencia ao longo da historia:

  • REFLEXIONANDO SOBRE XOGUETES E REPARTO DO TRABALLO DOMÉSTICO

  • CARREIRA DE ORIENTACIÓN POLA IGUALDADE

    A do deporte feminino é a historia dunha loita. Ao longo dos séculos, as mulleres tiveron que abrirse paso en contra dos prexuizos e das trabas que lles poñía unha sociedade que na que se pensaba que elas non podían, ou nno debían, facer deporte. Por sorte, a loita de moitas mulleres que se foron abrindo paso no mundo do deporte permitiron que o sexo feminino se incorporase plenamente á práctica deportiva, tanto cotiá coma no deporte de alto rendemento, aínda que na maioría das ocasións teñan unha peor financiación ou menor visibilidade.
    Por este motivo, este ano dentro do Plan Proxecta “Donas de si” o 8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres, decidiuse recuperar a carreira de orientación coa colaboración do Departamento de Educación Física para visibilizar a unha pequeña parte de todas as mulleres relevantes no panorama deportivo español, tanto na práctica individual coma na colectiva. Enchemos o taboleiro da entrada coas súas biografías para darlles unha maior visibilidade a semana anterior e luns 9 de marzo toda a ESO xunto con Uxía e Laura de 5º e 6º de Primaria participaron en pequenos grupos de 3-4 na carreira de orientación polo pobo coa axuda dun plano onde tiñan os puntos de localización das balizas onde atoparían unha pregunta sobre o deporte feminino que terían que contestar senón querían ser penalizadas cunha subida de tempo de cara ao resultado de completar a carreira.
    Cada grupo levaría un dossier no que podían consultar toda a información necesaria.E unha carreira coma esta merece unha visibilización importante polo que de recordo cada un e unha das participantes levou unha camiseta que recorde a importancia de loitar cada día por unha igualdade real entre homes e mulleres, nenos e nenas en tódolos ámbitos da realidade. 

  • IGUALDADE PARA TODXS

  • 9º Foro Intercomunitario de Investigación Xuvenil

    A pesar de que a porcentaxe de mulleres que acceden a carreiras universitarias é paritaria ou incluso superior á porcentaxe de homes, hai un claro sesgo na elección do tipo de carreira. Tan só un 25% da matrícula en Enxeñerías foron mulleres no curso 17-18 mentres que o 70% da matrícula en Ciencias da Saúde foron mulleres. Na investigación tamén se reproduce o mesmo patrón. O que é máis, moitas mulleres acceden a facer o doutoramento en diferentes ámbitos, sobre todo en ciencias da saúde, pero moi poucas deciden continuar a carreira investigadora e aínda menos compiten polos postos de dirección en moitos centros de investigación e universidades. 

    Por iso se aposta dende o centro por fomentar a investigación xa dende a secundaria e por visibilizar o papel das científicas neste ámbito. Co obxectivo de potenciar estas destrezas e competencias e favorecer a igualdade de oportunidades á hora de tomar opcións profesionais ou de estudos no futuro.
    Participamos co 100% de alumnas neste foro de Investigación celebrado en Vigo entre os días 21 e 23 de novembro de 2019. As alumnas realizaron dous traballos de investigación: A dieta en Pedrafita e o Sistema Solar. Mediante estas tarefas de indagación puxeron en práctica o método científico, realizaron un experimento sociolóxico mediante enquisas á poboación de Pedrafita, entrevistas a científicas expertas en nutrición e saúde, realizaron unha maqueta do sistema solar usando para iso a impresora 3D, etc.
    Expuxeron os seus resultados neste Foro no que tamén participaban escolas de todo Galicia, Cataluña, Portugal e Alemaña.
    Ademais de toda a aprendizaxe directamente relacionada coas ciencias, puxemos en valor o papel das mulleres como científicas e participamos dunha convivencia na que se reforzan as habilidades sociais e emocionais, tan importantes ou máis que os contidos máis académicos.

  • LETRAS GALEGAS: SCORPIO A OBRA DE CARVALHO CALERO NA QUE SE REFLICTE A MARUJA MALLO E OUTRAS MULLERES

    Este ano o día das Letras Galegas está dedicado a Carbalho Calero (aínque se aprazou e non será en maio). Na súa obra "Scorpio", o autor fala e dá voz a mulleres universitarias, con voz propia, que non buscan satisfacer as necesidades dos homes, como é o caso da nosa pintora galega Maruja Mallo.

    O alumnado ten a biografía de Maruja Mallo á súa disposición e unha explicación sobre a creación de obras a través da técnica do colaxe para poder facer as súas representacións das pinturas desta pintora galega moitas veces olvidada.