Esquema de temas
Xeral
TRABALLANDO AS HABILIDADES SOCIAIS
Un breve test para avaliar o grado de autoestima do noso alumnado, introducido previamente por un fermoso video oficial sobre a autoestima dunha adolescente
Un breve test para avaliar o grado de autoestima do noso alumnado, introducido previamente por un fermoso video oficial sobre a autoestima dunha adolescente
Despois de ver a película El indomable Will Hunting co noso alumnado da ESO (decir que tivo unha moi boa aceptación) traballouse a seguinte ficha, na que se establece unha batería de preguntas sobre a película, o que nos leva a entablar un interesante debate entre todos, no que cada un expuso o seu punto de vista.
Un breve test para avaliar a violencia de xénero do noso alumnado, con preguntas específicas para eles e para elas.
A MULLER NA CIENCIA
Trabállase a visibilización de moitas mulleres científicas en ámbitos que van dende a paleontoloxía ata a neurobioloxía. O alumnado buscou información sobre diferentes científicas e elaborou un póster de cada unha delas
HÁBITOS SAUDABLES: A DIETA EN PEDRAFITA
No contexto dun traballo de indagación sobre os hábitos de consumo en Pedrafita, o alumnado entrevistou a dúas expertas en nutrición: Ana Villanueva García. (Farmacéutica de Pedrafita do Cebreiro) e Amaya Velasco Herrero (Bióloga e investigadora no Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo do CSIC, na área de bioquímica dos alimentos)
TRABALLANDO A IGUALDADE DENDE A RELIXION
1. O Evanxeo fala de Igualdade:
A partires do texto da imaxe, resalta os puntos que falan de igualdade ou que fan referencia a ela.
I Carta de San Xoán 4 ;20
"Se alguén di que ama a Deus e aborrece ao seu irmán, é un mentireiro"
Evanxeo según San Mateo 7,12
"Trata aos demais como queres que che traten a ti"
Ambos textos orientan o comportamento de quen quere seguir a Xesús, o Fillo de Deus. Que situacións da vida diaria colaboran positivamente de cara a esto, e por tanto fálannos de igualdade, e que situacións da vida diaria, non o fan e por tanto amosan inxustiza e por tanto desigualdade.
2. A Encarnación (Nadal): Deus vén a nós, a todos, por igual.
Despois de ver o video, a clase debate sobre as condicións nas que Xesús, o Fillo de Deus, faise igual a nós: facéndose home, nacendo nunha familia, pasando dificultades, vivindo o día a día, compartindo os nosos sentimientos de ledicia, tristura, cansazo, etc.
3. Edith Stein, abanderada da igualdade
Despois de ver o video, avaliamos todos os puntos da súa vida nos que amosa a súa loita por a igualdade da muller en todos os aspectos da sociedade
4. Santísima Trinidade: Summum de Igualdade!
A partir dos textos presentados, levase a cabo unha explicación de porque a Trinidade cumpre a Igualdade tan perfectamente no núcleo da fé cristiá.
San Patricio e o trevo: o 17 de marzo, os irlandeses celebran o día de San Patricio, santo patrono de Irlanda. Este santo, coa ax
uda do humilde trevo,conseguiu facer entender aos non crentes o misterio da Santísima Trinidade explicando como un único talo de trevo dispón de tres follas diferentes sendo un único trevo.este exemplo serviulle para explicar como Pai, Fillo e Espíritu Santo, son un só.
5. E falando da Igualdade, porque non somos iguais?
Segundo o texto da imaxe, tomado do libro " ¿Y quién es Dios? ",de Bayard Ediciones, intenta valorar os aspectos salientables da individualidade de cada persoa, que o constituen nun único ser e o fan consciente da sua propia riqueza. A verdadera igualdade entonces, busca o recoñecemento da singularidades das persoas dende as cales deben ser amadas e respetadas por os demáis e por Deus.
6. MULLERES NA IGREXA
O papel da muller na Igrexa necesita máis recoñecemento de cara a unha igualdade máis visibel, pero ao largo de estes 2000 anos, foron moitísimas as mulleres que tiveron un papel importantísimo na existencia da Igrexa.
a) A muller na Igrexa Primitiva:
A través do art
igo aparecido no diario "El País",do recoñecido teólogo Juan José Tamayo, profundizamos na importante e descoñecida labor que tiveran as mulleres nos inicios da Igrexa Católica e valoramos o seu valioso traballo
b) Doutoras da Igrexa:
De cara a unha maior igualdade no seu interior, a Igrexa nombra doutoras as seguintes mulleres, cuxa vida e experiencias de fé e místicas, ben merecen ser coñecidas e valoradas :Sta. Hildegarda de Bingen, Sta. Catalina de Siena, Sta. Teresa de Avila, e Sta. Teresa de Lisieux.
Elaboramos este cadro comparativo dos principais aspectos salientables da súas vidas.
c) Mulleres Actuales na Igrexa: Vaticano.
As mulleres van pouco a pouco consolidando espazos importantes de traballo e aporte á sociedade. Tal é o caso de mulleres ocupando altos cargos no funcionamento da labor eclesial e organizativa.
No artigo que se pode ler no seguinte enlace, obsérvase este cambio de tendencia, grazas a formación da chamada "Consulta Feminina" onde 37 mulleres de distintos ámbitos profesionais, traballan facendo un aporte do punto de vista femenino, a cuestións sobre as que a Igrexa tén que traballar.
d) Misioneiras na Actualidade:
As misions son un campo no que as mulleres, dende hai séculos, fixeron e fan unha labor imprescindible e maiúscula. As máis das veces, foi unha labor invisible e anónima, pero sin a cal moitos proxectos de colaboración, ensinanza, saúde, etc.non se poderían levar a cabo.
No libro da imaxe,preséntasenos a vida de oito mulleres misioneiras, en oito lugares distintos, campos distintos e propósitos distintos. Na aula debatimos sobre o contido do libro,analizando as diversas labores levadas a cabo por cada unha das protagonistas dende a súa heroica entrega e loita diaria por levar a cabo a súa misión e labor.Este libro sirve para visualizar a todas as mulleres que decidiron loitar con xenerosidad e entrega, en favor dos demais.
TRABALLANDO A AFECTIVIDADE E A IDENTIDADE DE XÉNERO
Neste vídeo emprégase o efecto dunha radiografía na que se ven diferentes formas de afecto a través de esqueletos.
Neste texto traballamos conceptos como sair do armario, entender, marimacho...
Promover a comprensión e a empatía ante as vivencias de rapaces e rapazas LGTB.
LA MUJER Y EL DEPORTE
La mujer y el deporte. Este video se ha trabajo con los alumnos de toda la ESO y ha sido una reflexión sobre la situación actual del deporte femenino. Este video ha sido creado por la Federación Española de Patinaje donde las propias deportistas explican la falta de apoyo de patrocinadores e instituciones, a pesar de los grandes logros que se están consiguiendo en nuestro deporte… Esto refleja que todavía existe desigualdad en el deporte femenino.
A RADIO DA IGUALDADE SOA EN PEDRAFITA
Tema 8
Tema 9
Tema 10