Esquema de temas
Xeral
BIBLIOTECA DE IGUALDADE
Adaptando á bibliografía ofrecida a todas as idades presentes no centro en función das diferentes datas conmemorativas ou proxectos que se desenvolvan no centro: 25 de novembro, Mes da Ciencia, 8 de marzo, etc. Ademais, este ano actualizamos os fondos da biblioteca en materia de igualdade.TABOLEIRO DE MULLERES E DEPORTE
Visibilización das novas deportivas relacionadas coa rapazas que ocupan menos tempo nos telediarios e menos espazos nos xornais
TÁBOA PERIÓDICA DE CIENTÍFICAS
- Táboa periódica de científicas empregada polo profesor de Física e Química para traballar co alumnado sobre diferentes mulleres relevantes na ciencia. O traballo con esta táboa periódica deu lugar á decoración do comedor para o I Congreso Científico na Montaña que se celebrou no CPI, recibindo aos centros que xunto co noso forman os centros da montaña lucense.
CALENDARIO DE MULLERES DO STEG PARA A HORA DE LER
Usamos nas aulas o calendario de mulleres elaborado polo STEG para sinalizar a hora de ler aprendendo sobre mulleres exploradoras, aventureiras, antropólogas, etc. como a galega Isabel Barreto e facéndoas visibles nas nosas aulas.
CELEBRANDO O 8 DE MARZO
Cada clase dende infantil a ESO escolleu unha muller relevante para o seu disfraz de Entroido, coñecendo as súas aportación e contribuíndo á visibilizar a presenza das mulleres nos diferentes ámbitos especialmente naqueles nos que trradicionalmente estiveron infrarrepresentadas como o deporte, a ciencia ou a loita activa para obter diferentes dereitos para a humanidade.
DESMONTANDO SAN VALENTÍN
DÍA DO LIBRO: FOLLETO DE LECTURAS COEDUCATIVAS
COIDAMOS TAMÉN OS ESPAZOS DA NIVEL ACÚSTICO: MÚSICA PARA A IGUALDADE
LETRAS GALEGAS E LETRAS VIOLETA
Ademais de conmemorar o día das letras galegas e homenaxear a Antón Fraguas tamén nos lembramos dalgunha das nosas escritoras, que ás veces nos costa nomear máis alá de Rosalía de Castro, Marina Mayoral e Emilia Pardo Bazán.