Esquema de temas

  • ROMPENDO COS MICROMACHISMOS

    Vídeo elaborado en Educación Plástica do alumnado de 4º-5º e 6º de Primaria reflexionando sobre os micromachismos.

  • XOGUETES COEDUCATIVOS

    Antes de escribir as nosas cartas aos Reis Magos, Apalpador e Papa Noel vimos un vídeo que nos fixo reflexionar e falar entre nós acerca dos xoguetes para nenos e nenas.

  • FOFUCHAS POLA IGUALDADE

    Na materia de Plástica elaboramos fofuchas de mulleres que foron importantes na historia en diferentes campos (artistas, activistas, científicas, etc.) e traballamos coas súas biografía tanto con información de internet como a través de libros como a colección Pequeña&Grande.

  • MARCAPÁXINAS PARA O DÍA DO LIBRO CON FRASES DE MULLERES ESCRITORAS

  • ADXETIVOS EMPODERADORES PARA DEFINIR ÁS MULLERES

  • LETRAS GALEGAS E LETRAS VIOLETA

    Con motivo das Letras Galegas, ademais de organizar parte da exposición adicada a Antón Fraguas, autor homenaxeado no día das Letras Galegas 2019, fixemos unha sección de LETRAS VIOLETAS. Nel os rapaces e rapazas de Primaria enchemos as letras con imaxes de escritoras galegas (reflexionando sobre as poucas que se dan a coñecer nos libros), os seus nomes e algúns dos seus poemas. As rapazas de 2º de ESO tamén nos axudaron elaborando unha pequena exposición sobre as poucas mulleres que formaron parte do Seminario de Estudos Galegos, xa que está vinculado á figura de Antón Fraguas.

    Tamén modificamos a nosa Biblioteca de Igualdade na Entrada do Centro con libros de escritoras galegas.

    • BIBLIOGRAFIA

      CASTRO, O. e REIMÓNDEZ, M. (2013): Feminismos. Ed. Xerais. Vigo.
      DESPENTES, V. (2017): Teoría King Kong. Ed. Random House. Barcelona.
      IGNOTOFSKY, R. (2017): Mujeres de Ciencia: 50 intrépidas pioneras que abrieron camino. Nordica Libros. Madrid.
      MARÍN, J. (2018): Novas masculinidades: o feminismo a (de)construir o homem. Ed. Alicerces. Santiago de Compostela.
      OLIVEIRA, C; TRABA, A. (2019): Am@me. Ed. Galaxia. Vigo.
      PASCUAL, I. (2008): Investigadoras Galegas. Editorial Compostela. Santiago de Compostela.
      RODRÍGUEZ, A. (2018): Pioneiras. Galegas que abriron camiño. Xerais. Vigo.
      RODRÍGUEZ, A. (2019): Pioneiras 2. Galegas que abriron camiño. Xerais. Vigo.
      RUIZ RUIZ, I. (2015): Mujeres. Ilustropos. Madrid.
      SUZUKI, S. (2018): Yayoi Kusama: de aquí al infinito. SM. Madrid.
      VARELA, N. (2018): Feminismo para principiantes. B de Bolsillo. Barcelona.
      YOUSAFZAI, M. (2017): El lápiz mágico de Malala. Alianza Editorial. Madrid.

      Colección Pequeña & Grande de Alba Editorial.
      Colección Mulleres Galegas. Lela Edicións.