Skip to Content

Medidas para proporcionar un ambiente seguro para o noso alumnado.

No noso compromiso de proporcionar un ambiente seguro e saudable para os nosos estudantes, temos o pracer de amosarlles a incorporación do dispositivo Dechoker nas nosas instalacións coa que contamos desde o comezo deste curso escolar. O Dechoker é unha ferramenta innovadora de primeira resposta deseñada para axudar en casos de atragantamento.

 

O atragantamento pode ocorrer en calquera momento e a súa rápida actuación é fundamental para evitar consecuencias graves. O dispositivo Dechoker é de fácil manexo e pode ser utilizado tanto por persoal educativo como por estudantes, proporcionando unha resposta inmediata ante unha situación de emerxencia.

 

Este dispositivo é capaz de eliminar obstrucións nas vías respiratorias de forma segura e eficaz, evitando asfixia e axudando a restablecer a respiración normal. A súa tecnoloxía innovadora e patentada permite a creación dunha forte presión negativa que aspira o obxecto atrapado, sen causar danos adicionais.

 

A seguridade e o benestar dos nosos estudantes son unha das nosas prioridades. Ao incluír o dispositivo Dechoker nas nosas instalacións, estamos tomando medidas proactivas para garantir unha resposta rápida e eficaz en caso de atragantamento. O dispositivo atópase no comedor, na sección do profesorado.  Continuaremos a traballar para proporcionar un ambiente seguro e protexido para a nosa comunidade educativa.

 

Para obter máis información sobre o dispositivo Dechoker e as súas características, facilitamos este vídeo explicativo:

 



page | by Dr. Radut