O alumnado de 2º, 3º e 4º de Educación Secundaria acudiu o 23 de marzo a un evento que se constitúe como referente na difusión da innovación didáctica e tecnolóxica, da transferencia de coñecemento e da capacidade de emprender na que está inmersa a Formación Profesional de Galicia.
Estiveron acompañados do Orientador do Centro Ernesto Fernández Guerra e dos profesores Jose Luis Darriba Cibeira, Alberto Hernández Platero e Gemma Conde Rodríguez.
Alí viron como a rapazada doutros centros de Formación Profesional se desenvolvía explicándolle ao noso alumnado os seus proxectos, o que supón un balón de autoestima e liberdade para eles.
Neste congreso presentáronse unha morea de traballos, como produción e aplicacións do hidróxeno verde para mover vehículos ou drons, sistemas de mellora da eficiencia enerxética das granxas de porcino, sistemas de seguimento e cría en granxas avícolas, novidades na industria e impresión textil, emprego de plantas como alimentos, sistemas de realidade aumentada, etc.
No espazo expositivo do Gaiás, presentáronse proxectos de innovación, emprendemento e obradoiros para mostrar unha visión práctica da FP.