Skip to Content

A NOSA BIBLIOTECA

Aquí tamén se fala!

Moitoeu

Equipo de Dinamización da Lingua Galega - CPI de Mondariz

 

Curso 23/24

Curso 24/25

 

 Curso 2024/25

Admisión e matrícula

Admisión alumnado curso 24/25

Matrícula

Prazo para formalizar a matrícula:

  • Educación infantil e primaria: do 20 ao 30 de xuño de 2024.

  • ESO e bacharelato: do 23 de xuño ao 7 de xullo de 2024.

Calendario escolar

1. As actividades lectivas nas ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria realizaranse desde o día 11 de setembro de 2024 ata o 20 de xuño de 2025, ambos incluídos.

Artigo 6. Vacacións escolares

Os períodos de vacacións escolares no curso académico 2024/25 serán os seguintes:

– Desde o día 23 de decembro de 2024 ata o día 7 de xaneiro de 2025, ambos incluídos.

– Os días 3, 4 e 5 de marzo de 2025.

– Desde o día 14 ata o día 21 de abril de 2025, ambos incluídos.

Artigo 7. Días non lectivos

1. As festas laborais de ámbito estatal, as festas laborais de ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e as festas laborais de carácter local acordadas pola consellería con competencias en materia de emprego da Xunta de Galicia serán días non lectivos.

2. Día non lectivo solicitado polo centro: pendente de aprobación.

3. O Día do Ensino, que terá a consideración de día non lectivo, celebrarase o 31 de outubro de 2024.

BECAS

Becas 24/25  Prazo de presentación de solicitudes: O prazo de solicitude irá do 19 de marzo ao 10 de maio de 2024.

Becas NEAE Prazo de presentación de solicitudes:ABERTO desde o 30 de abril de 2024 ata o 13 de setembro de 2024

Acreditación das competencias dixitais do alumnado

Resolución do 28 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023/24.

Niveis de aptitude:

 Iniciación. Alumnado que obteña o título da ESO

Solicitude e inscrición nas probas específicas

  • Data límite: 15 de marzo de 2024

  • Modelo de solicitude entregado ao noso alumnado: Anexo IV Modelo de solicitude de inscrición nas probas específicas para acreditación das competencias dixitais do alumnado. Require autorización proxenitores no caso de alumnado menor de idade

Data e lugar de realización das probas

Nivel intermedio (áreas 1, 2, 3, 4 e 5) → 4º ESO

● A proba será en formato online 

● Batería de 60 preguntas (12 por área).

● Tempo máximo de 90 minutos.

● Para superar a proba de nivel intermedio deberase responder correctamente a un 70% do total de preguntas, sendo necesario ademais obter un mínimo do 60% de respostas correctas en cada unha das cinco áreas. 

    • Maio.

    • Lugar: no CPI de Mondariz

ADMISIÓN ALUMNADO 2024/25

Normativa reguladora. Clica aquí

Reserva de prazaMáis información aquí.

Prazo de presentación de solicitudesdo 15 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2024.

(Só para o alumnado procedente de centro adscrito que finaliza a etapa)

Poderán presentar a solicitude:

Todas as solicitudes de reserva de praza presentadas foron admitidas.

Postos escolares ofertados en cada nivel e etapa. Clica aquí.

Proceso de admisiónMáis información aquí.

Prazo de presentación de solicitudesdo 1 ao 20 de marzo de 2024.

Poderán presentar a solicitude:

Matrícula

Prazo para formalizar a matrícula:

  • Educación infantil e primaria: do 20 ao 30 de xuño de 2024.

  • ESO e bacharelatodo 23 de xuño ao 7 de xullo de 2024.

Áreas de influencia do centro e áreas limítrofes.

O CPI de Mondariz non está adscrito a ningún centro.

Área de influencia: Concello de Mondariz (completo).

Áreas limítrofes: As correspondentes dos concellos: A Cañiza, Fornelos de Montes, Mondariz-Balneario, Pazos de Borbén, Ponteareas (zonas 1 e 5) e Salvaterra de Miño (zona influencia do CEIP Plurilingüe Leirado).

O alumnado empadroado nas parroquias de Barcia de Mera, Casteláns e O Piñeiro, pertencentes ao concello de Covelo, poderá optar indistintamente por continuar os estudos de educación secundaria obrigatoria no CPI de Mondariz ou no IES Val do Tea, do concello de Ponteareas.

Outra información. Aquí

Portal educativo: https://www.edu.xunta.gal/portal/familiasealumnado/escolarizacioneadmision 

Calendario escolar para o curso 2023/2024

1.      Actividades lectivas

As actividades lectivas nas ensinanzas de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria realizaranse desde o día 11 de setembro de 2023 ata o 21 de xuño de 2024, ambos incluídos.

2.      Vacacións escolares

Os períodos de vacacións escolares no curso académico 2023/24 serán os seguintes:

Nadal: desde o día 22 de decembro de 2023 ata o día 7 de xaneiro de 2024, ambos incluídos.

Entroido: os días 12, 13 e 14 de febreiro de 2024.

Semana Santa: desde o día 25 de marzo ata o día 1 de abril de 2024, ambos incluídos.

3.      Días non lectivos

_ Día do Ensino: 7 de decembro de 2023

_ Festivo local: Día da Virxe da Franqueira 20 de maio

_ Día non lectivo elixido polo centro: 13 de outubro de 2023.

4. Período de adaptación do alumnado de educación infantil

O período de adaptación do alumnado de educación infantil que se incorpora a 4º curso de Educación Infantil non se prolongará máis alá do día 15 de setembro de 2023.

 

 HORARIO DO CENTRO

Horario de administración. De luns a venres de 09:00 a 15:00

 

Horario lectivo

Educación infantil e primaria

De luns a venres de 09:10 a 14:10

Educación secundaria obrigatoria

Luns de 9:10 a 14:40 e de 16:00 a 17:40

De martes a venres de 09:10 a 14:40

Horario da biblioteca (de outubro a maio)

A biblioteca permanecerá aberta as tardes dos martes, mércores e xoves de 15:15 a 17:15

Servizos complementarios

O comedor escolar do centro funcionará desde o día 11 de setembro de 2023 ata o 21 de xuño de 2024, ambos incluídos.

Avisos comedor escolar. As comunicacións das incidencias, ausencias ou baixas faranse por correo electrónico ao seguinte enderezo: cpi.mondariz@edu.xunta.gal

 

Horario de comedor.

  • Educación infantil e primaria. Luns: 14:10-14:30

                                       Martes, mércores, xoves e venres: 14:10 a 15:15

  • Educación secundaria obrigaroria. Luns: 14:40-16:00

                                             Martes, mércores, xoves e venres: 14:40-15:15

 Saídas dos autobuses

  • Luns. Educación infantil e primaria _ 14:50

           Educación secundaria obrigatoria _ 17:45

  • Martes, mércores, xoves e venres. Educación infantil, primaria e secundaria ás 15:15 (alumnado usuario de comedor escolar)

  

PLAN MADRUGA. AULA MATINAL

Horario: 07:30-09:10

Contacto: anparioteamondariz@gmail.com

Contenido sindicado


VOZ NATURA

 

 

Biblioteca

 

Bibliotecas Escolares

by Dr. Radut