Normas para facer proxectos na aula

Descrición das normas que rixen a elaboración dos proxectos na aula de tecnoloxía.

Normas proxectos aula tecnoloxía

Os grupos de traballo serán como máximo de 4 persoas.

Os alumnos do grupo terán as seguintes funcións:

·Secretario -. Encargado dos informes e documentos comúns do grupo.

·Portavoz -. encargado das comunicacións do grupo ou de recibir indicacións dirixidas ao grupo.

·Encargado de materiais -. Controla os materiais e ferramentas empregados polo grupo, actuando como responsable dos mesmos.

·Coordinador -. Encargado do prototipo, organización e impulsión do proxecto a executar.

Cada grupo terá que entregar un informe do proxecto, que conterá a estructura e apartados explicados na aula no tema de proxectos.

No caso de desaparición de material ou ferramentas, reporase o material que faltou ou foi estropeado por un mal uso do mesmo por parte do grupo de alumnos responsable de ditos materiais ou ferramentas.

PROCESO DE ELABORACIÓN DO PROXECTO

FASE TECNOLÓXICA

·Formulación do problema por parte do profesor ou por iniciativa dos alumnos.

·Buscar información complementaria no caso de que sexa necesaria.

·Deseño do obxeto técnico a construir, presentando as súas características, debuxo do conxunto, lista de materiais e ferramentas, custo dos materiais e reparto de tarefas para a súa fabricación.

·Planificación do traballo

· Posta en común previa a execución do proxecto

FASE TÉCNICA

·Execución do proxecto

· Ensaio e comprobación do mesmo

·Elaboración e presentación do informe do proxecto

· Presentación e defensa do traballo feito

AVALIACIÓN DO PROXECTO

-Traballo en equipo: participación, aporte de ideas, realización de tarefas e respecto os compañeiros

- Uso de ferramentas e materiais.

-Deseño: uso dos operadores, información complementaria, uso dos materiais axeitados, axuste do proxectado a idea inicial, creatividade, etc..

-Obxecto construido: funcionamento, acabado, construcción acorde o proxectado

- Presentación del informe proyectado.

Powered by Drupal - Design by artinet