O proxecto Savisat en OndaCero Monforte

Onte os integrantes de 4º ESO foron entrevistados para o programa de radio Mas de Uno Monforte da cadea OndaCero, poden escoitar a entrevista no seguinte enlace https://www.ondacero.es/emisoras/galicia/monforte-lemos/audios-podcast/mas-uno-monforte-09032021_2021030960477a959d3d150001cf4484.html a partir de 1h e 8 minutos

Programa de Radio con Ponte nas Ondas

Xa temos editado o programa de Radio que elaboramos cos alumnos de 5º de Primaria e unha selección de alumnos de 2º, 3º e 4º de ESO.

Este programa foi feito durante o Obradoiro de Radio que organizamos no cole para formar ao alumnado na posta en marcha e producción de programas de radio, posto que este curso fomos seleccionados para participar no proxecto Radio na Biblio. Foi conducido polo colectivo Ponte nas Ondas.

Poderedes encotralo no blog da biblioteca, ao que accederedes se picades na seguinte foto:

RESULTADOS VOTACIÓN XORNADA ÚNICA

Estimadas familias.

Comunicámoslle que unha vez rematado o reconto de votos, o resultado foi de 82 votos a favor e 7 en contra, polo tanto un 63% a favor da xornada única que se implantará para o vindeiro curso en educación infantil e primaria.

Grazas pola vosa participación.

Un saúdo

VOTACIÓN XORNADA ÚNICA

Estimadas familias

Nos seguintes enlaces podedes consultar información relacionada coa  xornada única, enviaremos por correo ordinario a carta de información a cada familia na que se indica:

Día da votación: 25 de febreiro de 2021

Horario: 9:30 h a 19:00 h

Lugar: Entrada norte (transporte) do colexio.

Agradecemos  a vosa partición.

Se picades na imaxe podedes descargar a carta enviada ás familias

 

Podedes consultar o proxecto de Xornada única no enlace.

O censo de familias está exposto na entrada do colexio dende o día un de febreiro; dada a situación actual, poden chamar ao centro para consultalo.

O horario proposto  será o seguinte:

ENTRADA/AUTOBÚS 09:20                                            
CLASES 09:20 - 14:30 (Recreo 12:20-12:50)
XANTAR 14:30 - 15:00
RECREO COMEDOR 15:00 - 15:30
OBRADOIROS 15:30 - 16:15 (impartido por mestres/as)
SAÍDA AUTOBÚS 16:15

 

Un saúdo

PRENSA-ESCUELA

Os alumnos de 4 de ESO están participando no programa Prensa-Escuela de La Voz de Galicia.

Redactaron un artigo sobre a posible declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade e as súas repercursións económicas e sociais.

Se este artigo resulta ser o mais votado de todos os que se presentan, aparecerá publicado na Voz de Galicia.

No seguinte enlace poderedes ver o artigo e ao final hai unha pestaña para votar.

Axudádenos a conseguilo!Guiño

https://www.prensaescuela.es/periodismo-escuela/ribeira-sacra-patrimonio-da-humanidade-e-dos-vecinos/

 

Concurso de Microrelatos El Progreso

O noso alumno de 5º de Primaria Adrián López Arias gañou o concurso provincial Pon tu gota de Agua convocado polo xornal El Progreso e a CHMS!

Para saber mais picade no seguinte enlace:

https://www.elprogreso.es/articulo/comarcas/progreso-chms-premian-microrrelatos-agua/202012220936451476856.html

 

A felicitación de Nadal do CPI Dr López Suárez para este 2020!

Aquí tedes este video de felicitación de Nadal, disfrutádeo!

PICADE NA IMAXE PARA VER O VÍDEO:

https://youtu.be/NGtlYz8J074

25 de novembro, Día da Eliminación da Violencia de Xénero.

Picade na seguinte imaxe para ir á páxina da bilioteca e ver o que fixemos no cole no día de hoxe.

Powered by Drupal - Design by artinet