Normas uso aula informática

Descripción das normas de uso da aula tanto para profesores como para alumnos.

Normas uso aula de informática

NORMAS PARA OS ALUMNOS:

 

· Non poderán utiliza-los ordenadores se non hai un profesor responsable deles, orientando as actividades.

· Non poderán permanecer na aula de informática para utilizar, instalar, ou gravar programas e xogos nos equipos.

· Cada alumno ou alumnos serán responsables do material informático correspondente o equipo no que se atopen traballando.

· Cada alumno ten o seu usuario e contraseña establecido. En caso de non ter a correspondente conta, solicitarase o profesor de informática.

· Unha vez rematada a sesión de traballo, cerraremos dita sesión de traballo e apagaremos o equipo.

· Non poderán estar máis de dous alumnos por equipo. Os alumnos sempre traballarán no mesmo equipo.

NORMAS PARA OS PROFESORES:

· Os profesores poderán utiliza-la sala para o seu traballo persoal sempre e cando nela non se estea a impartir clase lectiva dalgunha área.

· Para o uso da aula solicitarán o profesor de informática unha conta de usuario.

· Os profesores absteranse de manipula-los equipos con relación a gravar, borrar e alterar programas en disco duro.

· Para o uso da aula como ferramenta de apoio en calquera das materias, o correspondente profesor consultará o horario de ocupación da aula, e anotarase no mesmo para reservala.

· O profesor será o encargado de abrir a aula, accionar os interruptores automáticos, (colocados xunto a porta da entrada). Neste cadro temos os seguintes interruptores: mesa esquerda, mesa dereita, mesa profesor, router acceso a Internet e a Rede. Unha vez rematada a sesión de traballo, e apagado o sistema en todos os equipos, desconectaremos de novo todos os interruptores.

· Para a instalación de novo software nos equipos deberase poñer en coñecemento do responsable da aula.

·Calquera tipo de incidencia (avaría, rotura, conflicto de software ou hardware, etc.) que surxa durante unha sesión de traballo deberá ser reflexada no libro de incidencias que se atopa na mesa do profesor. Anotarase a incidencia, fecha e hora lectiva na que surxiu, e a sinatura do correspondente profesor.

Powered by Drupal - Design by artinet