Skip to Content

ROTEIRO POR XUNQUEIRAS

18/04/2023 13:49
Europe/Madrid

O profesorado do centro, como ven ocurrindo nos últimos anos, está levando a cabo varios cursos de formación, pois entendemos que é a nosa responsabilidade dar a mellor educación posible aos nosos nenos.Somos conscientes de que isto só é posible cunha constante formación e renovación das competencias como docentes.

Un destes cursos está pensado para axudarnos a favorecer metodoloxías activas e inclusivas,donde o traballo en equipo e colaborativo sexa o foco central

En varios curso de E.I. e Primaria vamos a por en marcha este último trimestre un proxecto sobre o estudio da nosa contorna (Pazos de Borbén), donde intentaremos traballar con grupos, misturando nenos e nenas de difentes niveis, sobre este tema.

Abordaremos diferentes aspectos do noso concello como : flora, fauna, cultura popular, manifestacións arquitectónicas,...

Como actividade motivadora , este luns 17 iremos ata a parroquia de Xunqueiras para realizar unhas primeiras actividades, e  así despertar a curiosidade dos pequenos por todo o que o noso concello nos pode ofrecer.

Os cursos que participan da actividade son 6º E.I.,1º,2º,3º,6º de Primaria



event | by Dr. Radut