slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3 slideshow 4 slideshow 5 slideshow 6 slideshow 7 slideshow 8 slideshow 9 slideshow 10 slideshow 11

Relación de LIBROS DE TEXTO para o curso 2021/22

A relación de libros de texto para o próximo curso estará exposta na porta de entrada do centro.

Os vales de material escolar e libros de texto poderanse recoller a partir do día 1 de setembro.

Solicitude COMEDOR ESCOLAR para o curso 2021/22

Imprimide e entregade a documentación cuberta na secretaría do día 1 ó 8 de setembro.

No centro hai modelos impresos a disposición de quen o necesite.

Calquera dúbida: cpi.cervantes@edu.xunta.gal

 

 

Letras Galegas 2021 no CPI de Cervantes.

Presentámosvos Ningún coma ti, unha canción baseada nun poema do libro Darío a diario, da autora Xela Arias.

Isa e Patri fixeron un gran traballo agasallándonos coas súas voces.

Moitas grazas a toda a comunidade educativa do CPI por participar. Sodes uns cracks!

 

 

PREMIO PARA O CPI DE CERVANTES NO III CONCURSO DE PODCASTS A RADIO NA BIBLIO!

Parabéns para todo o alumnado e profesorado do CPI de Cervantes!!

Se queres saber máis, pincha no blogue da biblio!

A BIBLIOTECA DO CPI CERVANTES (bibliotecacpicervantes.blogspot.com)

O bo uso de internet, móbiles e redes sociais.

Charla dirixida ás familias.

@s interesados en asistir poñédevos en contacto coa presidenta da ANPA ou no correo electrónico do centro cpi.cervantes@edu.xunta.gal

Data límite: domingo 9 de maio.

 

Enlace reunión online:  https://falemos.edu.xunta.gal/Reunion11maio

O bo uso de internet, móbiles e redes sociais.

Día da muller (8M)

Dende a Biblioteca do CPI de Cervantes, compartimos este Tik tok conmemorativo do 8M, dicindo non a calquera tipo de violencia e sabendo que a igualdade entre as persoas é o único camiño.

Que pasedes un bo día!

 

Concurso "A ventá dos soños"

 

 

 

 

Parabéns para Natalia, que gañou o concurso "A ventá dos soños", no cal se valoraban debuxos onde o alumnado tiña que plasmar o que lle gustaría ter visto a través da fiestra do seu cuarto durante o confinamento.

Trátase dun concurso solidario onde os cartos recadados irán destinados á mellora das condicións de vida en países empobrecidos.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer