Unha vida no CPI de Cervantes
Toca despedirse do alumnado de 4º da ESO. Comezaron no CPI sendo ben pequeniñ@s mais agora tócalles continuar o seu camiño.
Atoparedes dificultades, con constancia sairedes adiante, pero sobre todo, non vos esquezades dos vosos valores nin das vosas raíces.
Un pracer coincidir neste camiño.
Déixovos un proverbio anónimo: "Non fagades como Pepito, o xenro da Grila, que cando tiña que estar de festa poñíase serio e cando había que estar serio andaba de festa"
Cada cousa no seu momento, a tope.
Proxecto Lanzadeiras-Horta e media
Este ano fomos seleccionados no programa Lanzadeiras co noso proxecto Horta e media. O alumnado cóntanos neste vídeo como sería a creación desta cooperativa e as distintas tarefas desenvolvidas polos grupos de traballo. Sen présa pero sen pausa, hai que andar.
Unha vida de fume (Proxecto Clases sen fume)
Como parte do proxecto de Clases sen fume, o alumnado do CPI de Cervantes participou nesta curta de cine mudo. É difícil estar calad@s, pero desta volta conseguímolo.
Fumar mata!
Florencio Delgado Gurriarán-Letras Galegas 2022
Este ano, o día das nosas letras vai adicado a Florencio Delgado Gurriarán.
O alumnado do CPI de Cervantes cóntanos a través deste video como transcorreu a súa vida a nivel literario e persoal (algo menos) pero sen entrar en cotilleos:no CPI de Cervantes preservamos a intimidade dos nosos literatos porque "cada un sabe o seu".
CONVOCATORIA DO FONDO SOLIDARIO E AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 22/23
ANEXO COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR
(debe acompañarse coa solicitude)
CONGRESO CIENTÍFICO DA MONTAÑA
Mañá, 28 de abril, terá lugar no noso colexio o IV CONGRESO CIENTÍFICO DA MONTAÑA.
Contaremos coa participación dos CPIs de Courel, Pedrafita e Cervantes, e dos IES de Becerreá e Mondoñedo. Benvidos!
Compartimos aquí o enlace para seguir a xornada por videoconferencia:
https://eduxunta.webex.com/meet/chusiadai
E no documento adxunto podedes consultar o programa...
Charla para familias "Benestar Emocional"
Este mércores, 20 de abril, ás 16:15, teremos no noso cole a Yolanda Fernández López, profesora de ensino secundario e experta en educación emocional.
Non perdas a oportunidade de asistir a súa charla!
Vente ao Cervantes!
Xornada de Portas Abertas, o mércores, 9 de marzo, ás 15:30
Programa 1 en Radio Castaña
Se non escoitáchedes o noso primeiro programa, aquí volo deixamos!
Falamos un pouco de todo: historia, matemáticas... e incluso nos animamos co english pitinglish.
A menciña das herbas dos Ancares
O CDR de San Román impulsou un proxecto para compilar nomes e usos que en Cervantes se daban a determinadas flores e plantas.
Imos andar tod@s coma rigletes!
Pincha na foto para ler a noticia.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »