acadar a excelencia
Tangram.
Levamos unhas sesións traballlando co Tamgran dentro das aulas, os nenos e nenas expertos explicaron os seus compañeiros e compañeiras a forma de xogar, mover de forma axeitada as pezas para que se poidan ler no espello e a forma de moverse polo mapa
.
Osmos: Tangram.
Iniciamos un novo xogo co Ipad, o Tangram. Esta primeira sesión é para os nenos e nenas expertos, tiveron que aprender a manexar as pezas, a súa correcta posición, a forma de gañar puntos no nivel amarelo que representa o inicial.
Osmos: Numbers.
Os nenos e nenas expertos estiveron prácticando no xogo dos Numbers nos niveis iniciais nas anteriores sesións, agora teñen que explicar a dous ou tres compañeiros e compañeiras da súa aula a forma de xogar e acadar a maior puntuación para conseguir os diferentes premios: chaves, tres peixes... e así continuar no seguinte nivel. A maior nivel maior dificultade.
Osmos: Numbers.
Os nenos e nenas expertos estiveron prácticando no xogo dos Numbers nos niveis iniciais nas anteriores sesións, agora teñen que explicar a dous ou tres compañeiros e compañeiras da súa aula a forma de xogar e acadar a maior puntuación para conseguir os diferentes premios: chaves, tres peixes... e así continuar no seguinte nivel.
Xogamos a contar no Ipad (Osmos)
Esta semana presentamos os nenos e nenas os xogos de números do Play Osmos de Ipad. Creamos o noso perfil de usuarios para que cada neno e nena poida ver os seus logros e avances. Logo por quendas de doce minutos os nenos e nenas estiveron a explotar burbullas nun divertido xogo de tres niveis. Este grupo reducido de nenos e nenas son os expertos que teran que aprender a manexar o xogo para logo explicarllo aos seus compañeiros e compañeiras da aula.