ARCO e Proa +
OS NENOS E NENAS DE 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL COÑECEN PRIMARIA
Remata unha etapa e comeza outra. Os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil levan unha mochila cargada de experiencias e emocións, que sen dúbida lles vai ser moi útil para afrontar o paso á Ed. Primaria con moitas ganas e ilusión.
Porén, quixemos axudarlles nesta transición, e o mércores día 21 de xuño, o alumnado de 1º de Ed. Primaria recibiunos nas súas aulas. Alí, ademais de darlles a benvida a esta nova etapa, titorizáronos nunha entretida actividade, e explicáronlles coas súas palabras como era primaria. Finalmente, compartiron merenda e agasalláronos cun pequeno detalle, para celebrar o seu paso de etapa.
Agora só nos queda desexarlles un estupendo verán a todos, no que brinquen, desfruten e o pasen moi ben en compañía das súas familias!
Aquí vos deixamos unhas fotos e vídeos da experiencia; esperamos que vos gusten!
II MERCADO TRADICIONAL
Se queredes ver as fotos e toda a información referente ao mercado do pasado 9 de xuño, clicade AQUÍ.
UNHA PARTIDA DE PARCHÍS EN 4ºB
Enviado por csanvicente o Mar, 13/06/2017 - 09:27Experimentar é o noso! este ano dende a clase de Educación Física fixemos unha mezcla interesante sumando: matemáticas, compañeirismo,moito moito equilibrioooooo e un pouco de parchís!!
PREPARATIVOS
Arte solidario en Infantil B
Vimos de visitar a exposición dos compañeir@as de Infantil B.
Algúns dos compañeiros de Infantil B (Pedro, Alejandro, Roi, Leo e Ramón) guiáronnos ao longo da exposición axudados da profe Ana.
A exposición consta de tres partes.
- A primeira parte da visita realízase fóra da aula, onde hai un mural enorme no que explícan o que é ser un refuxiado e o traballo que realiza a ONG Save de Children.
- A segunda parte realízase dentro da aula, onde se poden ver numerosas interpretacións de cadros famosos feitos polos máis pequenos. Ademais durante a visita vannos contantdo curiosidades acerca da súa elaboración.
- Finalmente, a visita remata cunha venda solidaria a favor de Save de Children. Os autores dos cadros fan unha factura e cobran o diñeiro aos visitantes que desexen mercar.
Visita á exposición cartográfica
Desta volta, visitamos a exposición cartográfica dos compañeiros de 3º da ESO. A nosa guía, Raquel, estivo moi pendente de que entendésemos todo e de resolver todas as dúbidas que puidesemos ter.
LETRAS GALEGAS 2017
O alumnado do centro traballou arreo ao redor da figura homenaxeada este ano para celebrar a festa da nosa lingua e da nosa cultura. Se queredes ver todo o traballo realizado ou acceder a algún tipo de información sobre Carlos Casares, clicade nos enlaces e o Blog da Silva poñeravos ao día.
CARLOS CASARES INFANTIL, PRIMARIA E SECUNDARIA XUNTOS
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »