Exposición de maquetas do Sistema Solar

Os alumnos e alumnas de 5ºA de Educación Primaria realizaron cadansúas maquetas do Sistema Solar e expuxeron o seu traballo na Biblioteca. Convidaron aos rapaces e rapazas de primeiro e segundo de Educación Primaria para compartir con eles o que aprenderon e aproveitaron para ensinarlles algúns dos fondos documentais que poden atopar na nosa Bibilioteca sobre astronomía. Os pequenos estiveron moi atentos ás explicacións, preguntaron moitas dúbidas e disfrutaron moito da actividade.

Podes ver as imaxes da exposición aquí.

Igualdade, Convivencia e Inclusión