Traballamos co Tangram.
Esta semana na clase de matemáticas estivemos traballando co Tangram.
A Kandinsky gústaballe moito pintar cadros xeométricos e nos utilizamos o Tangram para formar figuras xeométricas.
Tivemos que formar triángulos con 2, 3, 4 e 5 pezas. Logo cadrados con 2, 3, 4 e 5 pezas. Por últimos pentágonos con 3, 4 e 5 pezas.
Aínda que o principio nos parecía moi sinxelo a cousa foise complicando pouco a pouco e tivemos que axudarnos uns a aos outros.