CREAMOS BANDA DESEÑADA

 
 
 
 En 2º B e 2º C da ESO lemos o libro de Jaureguizar, Amor de Serea, e para continuar cun traballo que xa comezaramos en primeiro, decidimos nós elaborar o noso propio libro, pero desta vez de banda deseñada. Despois de traballar e estudar todos os elementos que interveñen nun cómic a través da lectura de Astérix e Obélix, convertémonos en autores. Malia sermos moitos, conseguimos ir elaborando capítulo a capítulo a historia que Tintimán desta vez vive en Vigo. Tivemos un pequeniño problema cos capítulos 10 e 11, ides ter que torcer un chisquiño o pescozo para poder lelos. Ánimo, que seguro de sodes capaces.
Grazas rapace/as, fixestes un traballo estupendo, aínda que seguro que o habemos mellorar nun futuro.
  

Igualdade, Convivencia e Inclusión