Skip to Content

EDUCACIÓN FÍSICA NA CASA

Desde a Área de Educación Física de Primaria, recomendo unha rutina de traballo de entre 15 e 20 minutos diarios de luns a venres, preferentemente a media mañá. Un bo momento podería ser despois de traballar noutras materias, a modo de descanso activo. Os vídeos recomendados serven para toda Primaria (de 1º a 6º), variando a intensidade e a habilidade en función da idade. Podedes atopar 9 vídeos, 1 sobre o quentamento, 1 sobre estiramentos e 7 con exemplos de exercicios. Esta rutina, ademais, pode adaptarse no caso de ter irmáns maiores ou máis pequenos para poder compartir este momento xuntos. As sesións que relizades non teñen que seguir esa orde nin ser idénticos aos titoriais (estes son a modo de exemplo).

Por outro lado, á tarde-noite, os nenos e nenas poderían organizar unha rutina de xogo conxunto para toda a familia, lembrando algunhas das actividades que desenvolvemos no colexio ou ideando outras novas.

Todas as actividades que realicedes, ou polo menos algúns exemplos, debedes de colgalas no PADLET que aparece máis abaixo. Os vídeos que colguedes deben ser curtos para non saturar o programa e este sexa o máis dinámico posible. O seu funcionamento é moi doado, só tedes que premer na icona do SÍMBOLO MÁIS para poder subir arquivos.

No caso de que algún alumno ou alumna non queira que a súa foto ou vídeo permaneza colgado no padlet, podedes enviarme, estes, ao correo electrónico.

Calquera dúbida podedes poñervos en contacto conmigo no correo electrónico abaixo indicado.

 

NOTA:

Para o alumnado de 5º e 6º de Primaria:

  • Buscar información sobre o bádminton, visualizar algún partido de Carolina Marín (vídeo de exemplo).

  • DE XEITO VOLUNTARIO. Realizar un traballo curto sobre o badminton que debedes enviar ao correo electrónico:

    juanmanuelvarelapensado@gmail.com



page | by Dr. Radut