Skip to Content

OS XOGOS DE SEMPRE VOLVEN Ó XIMNASIO!!

Este curso estamos apreveitando algún ratiño das sesións semanais de psicomotricidade para practicar algúns xogos tradicionais. Algúns están acompañados de pequenas cancións, outros de retahílas... pero todos nos resultan divertidos!!

Seguro que os pais e nais dos nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos, estes xogos lle taen á memoria bos momentos da súa infancia, só falta retomalos no presente e compartilos cos seus fillos!!

 

ZAPATITO INGLÉS

 

 Dentro do grupo eliximos un "contador" que estará de costas ós seus compañeiros a unha certa distancia. Mentres o grupo avanza para intentar tocar o "contador", este cantará a retahíla: "Uno, dos, tres, zapatito inglés, sin mover las manos ni los pies". Cada vez que remate, xirarase para ver quen se move e mandalo comezar de novo. O primeiro en tocar ó "contador", dirá "chorizo" mentres todos escapan para evitar ser pillados, posto que de aí sairá o próximo contador.



story | by Dr. Radut