Skip to Content

Elaboración artesanal de productos. Xabón e alcohol

O departamento de Física e química co alumnado de 4º de ESO recreou a elaboración de xabrón como se facía antigamente. Esencialmente é unha reacción química (saponificación) dun axente básico (NaOH) cunha grasa das que podemos atopar en calquera casa.

O proceso é esencialmente quentar os ingradientes ata que sucede a reacción e a separación en glicerol e xabón. Añadimos algún ingrediente máis para mellorar o xabón resultante e o metimos en moldes de xeo para que tiveran formas divertidas. Cada alumno/a levou para a súa casa unha pastilla para que as familias participaran da experiencia.

Fixemos tamén o proceso de obtención de alcohol como se podía facer cun alambique. Aquí emprégase un alambique de laboratorio en vez dun de metal. No noso caso, en vez de a partir do bagaño da uva, extráese o alcohol a partir dunha bebida alcoholica por medio da destilación.



page | by Dr. Radut