Skip to Content

Unha proposta científica

Vamos crear o noso microscopio

Como sabedes, científicas e científicos de todo o mundo están investigando  para atopar a vacina do coronavirus. O primeiro que necesitan para poder atopala é investigar este virus e para iso todo científico precisa un microscopio. Animádesvos a crear un?

Na seguinte imaxe déixovos as instruccións

 

Para poder usar o microscopio tedes que imprimir (podedes atopar os imprimibles no PDF das fichas técnicas que vos deixo máis abaixo nos documentos adxuntos/anexos) ou debuxar e pintar vós un montón de virus, xermes e bacterias. Tamén podedes debuxar animais mariños, planetas, plantas… así converterédesvos en biólogas e biólogos mariños, astronautas, botánicas e botánicos… Deixade voar a vosa imaxinación e debuxade todo o que vos apeteza descubrir co voso microscopio, incluso debuxar letras para atopar con el palabras secretas, etc.

Despois pegades o papel (cos vosos debuxos) debaixo da bandexa de vidro ou plástico transparente (é importante que sexa debaixo para que non se molle), e enchemos a bandexa de auga con colorante alimentario negro ou un pouquiño de témpera negra.

A continuación metemos o vaso e movémolo polo fondo para atopar os debuxos.

Este experimento está recollido en “Experiencias y experimentos. 50 actividades sensoriales para entretenerse en casa” de @diverbichillos.

 

Para rematar aquí podedes ver os traballiños adicados ao morcego Aurelio

AnexoTamaño
MICROSCOPIO DE VIRUS FICHAS TÉCNICAS.pdf2.02 MB


page | by Dr. Radut