Skip to Content

Remate de Curso!

 

 

Clara - Gerona,Gerona: Mestra s'ofereix per suport escolar a nens ...

 

Ola a todos e todas!!! Como peche de curso, dende Audición e Linguaxe quero propoñervos unha actividade xeneralizada para todos. 

Gustaríame que todo alumnado de Audición e Linguaxe fixera unha pequena redacción sobre o que supuso para vós este curso 2019/2020 tal extraordinario i excepcional. 

É o primeiro ano que traballades conmigo, polo cal foi un ano no que nos tivemos que coñecer mutuamente, e do mesmo xeito que eu intentei adaptarme a vós, buscándovos as mellores opcións de traballo que considerei oportunas en cada momento; vós tamén tivestes que adaptarvos a min e a miña maneira de levar a cabo o traballo, e como non.... aos meus enfados tamén! 

 

Por todo isto, gustaríame que fixerades a redacción en relación o curso pero reflexionando como alumno de Audición e Linguaxe, inclusive aportando novas ideas para o inicio do vindeiro curso. 

 

Como non volo podo dicir en persoa, dende aquí, quérovos manifestar o orgullosa e o contenta que estou de todos vós, da maneira que afrontaste esta situación, que era difícil de explicar e máis de levar a cabo. Que todos e todas, a vosa maneira, co apoio da vosa familia fostes solventando as dificultades que vos atopastes polo camiño, apartando cada pedra que se cruzaba no voso camiño por moi pequeniña ou moi grande que fose. 

Non me podo esquecer das familias, que estivestes ao cañón nunha situación que nunca imaxinamos que íamos a vivir. 

E por último, non quero rematar o último post deste curso sen darlle ánimo e valentía ao alumnado que cambia de etapa. Que é un cambio, e como todo nesta vida, hai que tomalo con respecto pero con ilusión e sobretodo con moitas ganas. É un novo reto, un camiño cheo de novas ilusións e espero, de todo corazón, que consigades todo aquilo que vos propoñades. 

Unha aperta vitual para todo o alumnado de Audición e Linguaxe. 

A profe Cris. 

PD: Coma sempre, esperarei as vosas redaccións con ansia no noso correo electrónico. 

PD1: O traballo de Audición e Linguaxe, seguirá colgado, por si durante o verán alguén de xeito opcional quere realizar algunha tarefa. 

 



page | by Dr. Radut