Skip to Content

RETO CREATIVO (4 -11 xuño)

Boas familias! esta semana traio unha nova proposta de actividade, moi sinxela e con cousiñas que temos na casa.

Esta actividade trátase de construír unha composición monocromática!é dicir, escoller unha cor que vos guste, e buscar tódolos elementos que teñades na casa desa cor. Con todos os elementos creamos unha composición e sacamos unha fotografía!

Animádesvos? agardo as vosas fotos.

Apertas.

patricia.villar@edu.xunta.es



story | by Dr. Radut