Skip to Content

AREA MÁXICA (28-4 de xuño)

Boas familias! para esta semana traio unha actividade moi divertida, vamos a crear area máxica!! Esta area ofrécenos un montón de posibilidades xa que non se escapa como a area normal, podemos gardala en botes herméticos e consérvase moito tempo, tamén podemos facela da cor que nos queiramos ou de moitas cores distintas.

A continuación deixo os ingredientes que precisamos para facela:

  • 1 cunca de area fina.
  • 1 1/2 de maicena.
  • 1 cucharadiña de lavalouzas
  • auga, a cantidade que precise.
  • colorante alimentario (se queremos area de cores).

PASOS:

  • Poñer nunha cunca a maicena e a area.
  • Engadir o lavalouzas e a auga e mesturar ben.
  • Engadir colorante alimentario.
  • Deixar secar durante 1 ou 2 horas, e a masa xa está lista para xogar e disfrutar.

Espero que o pasedes moi ben coa area máxica e xa me ensinaredes como vos quedou.

Un bico a tod@s!

Patricia.villar@edu.xunta.es



page | by Dr. Radut