Skip to Content

A HORTA EN XANEIRO.

  • OUTRA DOCUMENTACIÓN:

Algo que nos preocupaba era o mantemento da horta durante as vacacións de Nadal, pois a escola estaría pechada. Por sorte, temos a Juan, un home con recursos, que nos instalou un rego automático que daría de beber as nosas plantiñas.

Á volta das vacacións constatamos que todo estaba no seu sitio, incluso descubrimos a algún visitante como esta lombriga de terra e algunha que outra babosa que xa andaba comendo nas plantas.

Tamén nos chamaron a atención unhas manchas brancas con peliños negros que había nas follas dos repolos que estaba en contacto coa terra, algún xa tiña visto algo parecido nalgún alimento en mal estado. Tiña toda a pinta de ser algún fungo que saía polo exceso de humidade da terra.

Discurrendo e preguntando atopamos varias solucións.

  • 1.    Para o exceso de humidade. Como o repolo ten un talo curto e está moi pegado á terra o regaremos levantando as follas e procurando mollar a terra e non a planta. Se iso non chega pódese protexer da terra con un cartón, tipo o dos cereais.
  • 2.    Para as babosas. Ao redor das plantas podemos poñer cinzas ou sal mariña. En principio preferimos cinzas porque o sal seguramente ademais de afastar os bichos os mataría.

A mediados de xaneiro a horta xa nos está dando alegrías. Cos constantes coidados nin a humidade nin os bichos comeron as plantas. Os chícharos xa brotaron e medran con forza.

Os brócolis e os repolos tamén están contentos cos nosos coidados.

Sacar as malas herbas, remover e airear a terra da cama quente e regar a colleita son agora parte das nosas tarefas escolares.

E por suposto, ao rematar o traballo hai que recoller!



story | by Dr. Radut