PROPÓSITOS PARA O 2014
- OUTRA DOCUMENTACIÓN:
Este ano, en infantil, tiñamos varios propósitos. Os tres máis importantes eran:
- Abrir a escola ás familias favorecendo a súa participación en experiencias levadas a cabo en horario lectivo.
- Aproveitar un recurso tan rico para a escola como é o invernadoiro.
- Tendo constancia das melloras que supón a nivel de aprendizaxes, convivencia e adquisición de valores, formarnos no Aprendizaxe Cooperativo para poder implantalo como práctica habitual nos procesos de ensino-aprendizaxe na nosa escola.
Todo cambio que se quere facer na escola require un tempo para axustarse ao novo, vencer as inseguridades e, a base de erros e acertos, ir mellorando.
Como veredes pasiño a pasiño imos alcanzando as metas.