Skip to Content

VISITA DO ESCRITOR HÉCTOR CAJARAVILLE

  • OUTRA DOCUMENTACIÓN:

O martes 17 de abril tivemos a sorte do poder contar no centro co escritor Héctor Cajaraville grazas á Editorial Xerais. O autor falounos da súa obra A caixiña dos rancores, novela xuvenil que o alumnado de 3º e 4º de ESO leu este trimestre para a materia de Lingua Galega. Nesta historia persoas de moi diferentes xeracións manteñen unha estreita amizade que se mestura coa resolución dun misterio que nos engancha ata o final do libro.

Cajaraville, ademais de gañar numerosos premios grazas aos seus libros, tamén traballou como xornalista, tradutor e lexicógrafo. Se queredes coñecer máis datos sobre el, podedes facelo na seguinte ligazón http://www.cajaraville.eu/page/autor

Album de fotos

foto1



page | by Dr. Radut