Skip to Content

Actividades do E.D.L.G.

GAÑADORES DO CONCURSO " RECEITAS DA MIÑA ALDEA"

Gañadores do concurso "Receitas da miña aldea"

Parroquia de Lago

Montse López Lago (Ex alumna) e Ana Vázquez López (6ºB),Lorena Teijeiro Rodríguez (4ºB)

Parroquia de Loira 

Ricardo Bouzamayor Villarnovo (4ºB)

Parroquia de Meirás

Jacobo Sanchón Fernández (2º ESO A),Jorge Mosquera López (4ºB)

Accésit para Pepe Villanueva (3ºB) e para Candela Pérez (4ºB)

Parroquia de Pantin

Duarte Pantin Carmona (5ºA de Educación Infantil) e a súa nai Patricia Carmona 

Paula Vellón García (4ºA) e a súa nai Rosana García López (Ex alumna)

Accésit para Claudio Sanz García( 6ºA de Educación Infantil)

Parroquia de Sequeiro

Manuel Ángel Fernández Grandal (3ºA), Alba López Riveira (6ºA)

Parroquia de Valdoviño

Carla Doce Caneiro (1ºB), Inés Ovies Testa (5ºB)

Parroquia de Vilaboa 

Nerea Casas Serantes (3ºA), Iván Sanjurjo Graña (4ºB), Cristian Serantes Serantes (4ºB)

Parroquia de Vilarrube

Martina Rey Senra (4ºB)

Participantes que residen fóra do Concello de Valdoviño

Ana Mª Ramos Montero (Mestra), Iago Santos Parada (1ºB)

NORABOA A TO@S!

Nas parroquias de Vilarrube e Loira só houbo un premiado porque só se presentou unha receita por cada parroquia.

ENTREGA DE PREMIOS DO CERTAME DE POESÍA E IMAXE 2013

ENTREGA DE PREMIOS “POESÍA E IMAXE 2013”

Como en anos anteriores o alumnado do noso centro participou no Certame de
Poesía e Imaxe, en Galego sen flltro. Os resultados acadados foron
fantásticos xa que acadamos premios en todas as categorías:

IRENE RODRÍGUEZ MARTÍN, 6º A de E. Infantil.

ALBA MÉNDEZ LÓPEZ, 5º A de E. Primaria.

LAURA COUCE BARREIRO, 3ºA de E.S.O.

ELISA PIÑÓN HERMIDA, 4ºA de E.S.O.

JULIÁN FONTICOBA MOURIZ, 4ºA de E.S.O. (TIC´s)

Dende o E.D.L.G. queremos darlles os parabéns a todas e todos eles e
animalos a que sigan defendendo e querendo a nosa lingua galega como
ata agora.

poesia_2013

DÍA DO LIBRO 2013

 

DÍA  DO  LIBRO 2013
ADICADO AO ESCRITOR DON ANTÓN CORTIZAS AMADO

 

 

Dende o CPI Atios queremos agradecer públicamente a ANTÓN a súa visita ao centro, recordando as súas fermosas verbas: 

“Abre un libro

e as palabras voarán

sobre as nubes dos teus soños”.

                                                   

    (ANTÓN  CORTIZAS)

 

 

Un ano máis os Equipos da Biblioteca, de Dinamización Lingüística,  xunto co Departamento de Actividades Extraescolares, prepararon a conmemoración do  DÍA  DO  LIBRO homenaxeando ao mestre e escritor  ANTÓN CORTIZAS que, ao longo destes anos, tivo a ben visitarnos para compartir co noso alumnado a súa paixón pola lectura e as marabillosas historias e poesías que somentes el sabe contar dese xeito tan especial, sendo quen de transmitirnos  os seus sentimentos máis íntimos ou as súas vivencias e soños máis profundos.

O acto estivo centrado en diferentes actividades, adaptadas aos distintos niveis educativos do centro. Cos máis pequenos estivemos paseando pola SABANA AFRICANA da man de Antón. Co alumnado de Educación Primaria percorrimos algúns fragmentos da obra de Cortizas, guiados polos nenos e nenas de sexto e achegámonos á nosa querida ex- alumna Noelia a través das palabras do homenaxeado.

GRAZAS!

 

 

CONCURSO TWEETS

CONCURSO DE RECEITAS

RECEITAS CON FROITAS

Distribuir contido


by Dr. Radut