Skip to Content

Tecnoloxía

O CPI de Atios, na fase preliminar da First Lego League

Este sábado 28 de febreiro o equipo "Mentes Conectadas" do CPI de Atios, participará na fase preliminar da First Lego League, que se celebrará no Campus de Esteiro-Facultade de Humanidades, a partir das 9:30 (entrada público).mentes conectadas

Información sobre a First Lego League

Como chegar?

Horario

¡¡¡ BOA SORTE EQUIPO !!!

Alumnos de Tecnoloxía de 3º e 4º da ESO participaron no VII Concurso Galego de Robótica

Os alumnos de 3º da ESO que están no"obradoiro de robótica" e os de 4º da ESO, participaron este xoves no "VII Concurso Galego de Robótica" organizado por Igaciencia e a Fundación Barrié. CLICA AQUÍ PARA VER AS NOSAS FOTOS

Nova La Voz de Galicia

Galicia Noticias Serán

Serviralles de práctica para a participación na fase preliminar da First Lego League, que se celebrará o vindeiro sábado 28 de Febreiro na Facultade Politécnica de Esteiro

Obradoiros de Robótica no CPI de Atios

45544 LEGO® MINDSTORMS® Education EV3Comezamos unha nova andaina no Departamento de Tecnoloxía:

Dentro dos "Contratos Programa" este ano 2015 comeza un novo experimento educativo, os "OBRADOIROS DE ROBÓTICA" co robot de LEGO.

Estes talleres de Robótica están enfocados a mellorar a competencia tecnolóxica, científica e matemática do alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria e de todo o alumnado da ESO.
Está dirixido a alumnos destes niveis que posúan unha destacada capacidade e motivación para aprender.

Este curso participaremos cun equipo na fase preliminar da LEGO LEAGUE,  por xentileza da Universidade da Coruña e a Escola Politécnica de Ferrol, que nos convida a participar neste concurso de recoñecemento internacional, cuxa fase preliminar celebrarase no Campus de Ferrol o vindeiro sábado 28 de Febreiro. (Ver Video)

Concurso Inventa en Galego con App Inventor

Alumnos de 2º da ESO de Tecnoloxía participarán  no mes de novembro no concurso "Inventa en Galego con App Inventor" organizado por Igaciencia e a Fundación Barrié.

Mais información en : http://www.igaciencia.eu/drupal7/?q=content/inventa-en-galego-con-app-inventor

Carta aos pais/nais

PARABÉNS RAPAZAS!!

Gañastes unha MENCIÓN pola aplicación para móbil e tableta  "Pasea por Valdoviño"

Todos os que desexen descargar a aplicación para o seu móbil ou tableta poden facelo a través do seguinte código QR

ou premendo AQUÍ

O alumnado de 3º e 4º da ESO, participará no 6º Obradoiro e Concurso Galego de Robótica

robot legoOs alumnos de Tecnoloxía participarán o vindeiro xoves 13 de febreiro no VI Obradoiro e Concurso Galego de Robótica, que se celebrará na Fundación Barrié, de A Coruña. Alí poderán aprender a programar un robot de Lego, superando retos cada vez de maior dificultade.

Boa Sorte!!!

Este evento está organizado por IGACIENCIA, a Fundación Barrié e coa colaboración da ETS de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Vigo

Os alumnos de Tecnoloxía do CPI de Atios teñen un SITIO WEB

Este curso creamos un SITIO WEB  en google sites chamado TECNOLOXIAATIOS, onde o alumnado irá contando como se vai desenvolvendo o seu proxecto do taller e nalgúns casos servirá como caderno para entregar as prácticas propostas.

enlace o sitio

Alumnado de 4º de PDC constrúe unha impresora en 3D

Parabéns o alumnado de 4º de PDC e o seu profesor Tucho

 

 

TRABALLOS DE INFÓRMATICA 4º ESO

Os alumnos e alumnas de 4º de informática elaboraron uns magníficos traballos audiovisuais sobre a obra de Manuel Antonio "De Catro a Catro".

PROXECTO VOZ NATURA 2012

DOCUMENTO (baixar aqui)

         O tema deste ano é o desenvolvemento sostible.

             As que seguen son algunhas das actuacións que se poderían levar a cabo. Necesitamos saber en cales estaríades dispostos a participar e gustaríamos que propuxesedes todo o que se vos poda ocurrir.

 

Departamento ou ciclo:

 

Actividade

Si

Non

Realizar un estudo de localización de: muiños, hórreos, pozos, pombais, lavadoiros, fontes, edificios singulares, árbores senlleiras, etc.

 

 

Visitar algúns muiños do concello

 

 

 

Reciclaxe: pilas, aluminio, cartuchos tinta, papel, aceite uso doméstico, tapóns, roupa …

 

 

Recollida selectiva de lixo nas aulas e no comedor

 

 

 

Compostaxe nas aulas e no comedor

 

 

 

Reducción consumo luz e gasóleo

 

 

 

Reducción consumo papel. Reutilización de papel

 

 

 

Concurso de receitas de pratos elaborados con comida sobrante

 

 

 

Realizar maqueta do concello coa localización dos datos do estudo

 

 

 

Limpeza de ríos nas proximidades dos muiños

 

 

 

Campaña reducción consumo de aluminio incentivando o uso de embalaxes reutilizables

 

 

Elaboración de obxectos con material de refugallo para a súa venda para axuda do custo das excursións: pulseiras con anillas de latas, adornos de Nadal, xoguetes …

 

 

Acondicionamento de recipientes reutilizados para a recollida selectiva de lixo

 

 

Elaborar árbores de adorno no Nadal con material de refugallo

 

 

 

Antroido: tema libre con disfraces elaborados con material de refugallo

 

 

Cociña solar

 

 

 

Outras propostas de actividades:

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut