Skip to Content

E.D.L.G.

III Programa Escolar de Ferrolterra pola eliminación da violencia de xénero

Este curso e para conmemorar o 25N, sumámonos á proposta da FANPA Ferrolterra no III Programa Escolar de Ferrolterra pola eliminación da violencia de xénero.

Trátase de facer visibles as víctimas invisibles, que son tamén as fillas e fillos das mulleres que sofren o maltrato.

Se queres ver o díptico do programa e gozar dunha pequena realidade aumentada, pica aquí.  Para poder vela, hai que descargar a seguinte aplicación (é segura aínda que salte o aviso!):  https://trainnova.com/compartidos/Violeta.apk

Só é válida para Android.  Unha vez descargada, enfócase a portada do díptico e gózase da realidade aumentada.

Nin unha menos, nin unha máis!

Premios ás cabazas, centros de outono e colares de zonchos 21-22

Pica aquí para ver a presentación das persoas gañadoras dos premios e as súas aportacións.

Concursos

Recursos para o magosto - samaín

PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA O MAGOSTO - SAMAÍN

Se picades na imaxe, teredes acceso a unha batería de actividades para celebrar este día.

E aquí, outra serie de propostas.

Feliz magosto - samaín!!

Samaín y Halloween se mezclan en la noche de reencuentro con los muertos |  Radio Galicia | Cadena SER

Entrega de premios Poesía e Imaxe 2021

Ola a todxs!

De que mellor xeito podemos comezar un curso, que recollendo premios!

Nesta ocasión, trátase dos premios Poesía e Imaxe do curso pasado, entregados a principio deste.

A continuación podedes gozar das fotografías do acto (picando aquí), e se escaneades o código QR permitiravos ver a exposición virtual realizada cos traballos gañadores.

Parabéns de novo ao noso profesorado e alumnado!

Entrega de premios do VII Concurso literario Carmela Loureiro

O Concurso literario Carmela Loureiro está organizado polo CENLF e polo Concello de Ferrol.

O noso centro participa cada curso en cada unha das categorías e niveis que pode facelo.

E neste curso, o noso alumnado foi novamente premiado.

A continuación déixovos as fotos do mesmo, recollendo os seus respectivos premios.

Mencía Graña González (6º EP C): Accésit polo microrrelato "De volta en Valdoviño"

Marta Sanmartín Veiga (6º EP B): Accésit polo microrrelato "O elfo máxico"

Iago Fernández Blanco (4º ESO A): Accésit polo microrrelato "O principio da fin"

Sara Blanco Pérez (4º ESO A):  Accésit polo micropoema "Distante"

Martín Vilar Álvarez (4º ESO A): 1º premio polo micropoema "Vaites!"

PARABÉNS A TODXS E A SEGUIR ESCRIBINDO ASÍ DE BEN!!!

A mocidade coa lingua

No mes de maio, levouse a cabo, coma cada curso, a participación no Concurso – Festival “A mocidade coa lingua”, organizado polo CENLF, do cal somos socias.

Neste ano, os centros participantes no curso pasado, tiveron a ocasión de gravar as dúas cancións coas que terían participado o curso anterior, posto que non se puido levar a cabo debido á pandemia.

Resultante das gravacións, sairá un disco con tódolos grupos dos centros participantes.

Estamos desexosas de poder escoitalo, pero mentres de mostra, unhas fotos: unha delas é das que sairán no disco e a outra é o día da gravación, coas rapazas acompañadas pola nosa profe de L. Galega e tamén música (Bitter Cans) Luísa.

Parabéns rapazas!!


Maios e Letras Galegas 2021

Para ver unha presentación do que foron os Maios en Atios este curso, pica na imaxe.

AVISO!

Post It Sticker for iOS & Android | GIPHY

As actividades máis antigas, vanse pasando ao apartado de ACTIVIDADES.

Deixando as máis recentes e destacadas aquí en "portada".

Vai ao apartado e goza de todo o que fixemos ao longo doutros cursos!

Regueifando a Xela Arias!

A nosa profe Rosa Pazos García, e o seu alumnado de 6º B de Primaria, xunto co alumnado do CEIP Soutelo de Montes, crearon unha actividade suuuuper chula para rendir homenaxe a Xela Arias durante os días de celebración das Letras Galegas.

Decidiron aprender cousas sobre a autora e amosalas ao mundo a través dunha Regueifa.  Como bo desafío que é, o alumnado foise retrucando en turnos por ver quen era o que máis dominaba o tema.

Quen gañará???  Podedes velo picando na imaxe.

Parabéns pola iniciativa aos dous centros!

Distribuir contido


by Dr. Radut