Skip to Content

Novas

CONVOCADA FOLGA NO ENSINO PARA O XOVES 9 DE MARZO

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, o Sindicato de Estudantes e CEAPA (Confederación Española de Asociaciones de Madres y Padres de Alumnos) convocan FOLGA NO ENSINO para todos os niveis educativos e toda a comunidade educativa para o XOVES  9 DE MARZO.FEANPAS secunda a folga e convoca a todas as familias para que a secunden NON LEVANDO OS NENOS ás escolas e PARTICIPANDO NA MANIFESTACIÓN que terá lugar EN FERROL O XOVES 9 ÁS 11:30 H NA PRAZA DE ESPAÑA.

+ INFO NA CARTA DE FEANPAS

podedes descargar o cartaz para imprimir e levar á manifestación pinchando aquí

Día contra a violencia de xénero

Hoxe á mañá no patio, toda a comunidade educativa do CPI de Atios, realizou un acto de solidaridade e apoio as vítimas da violencia de xénero, lendo un comunicado e gardando un minuto de silencio polas mulleres asasinadas.

cartaz

TEATRO 6º primaria "Os xoguetes esquecidos"

Maios 2016

Día do Libro no CPI de Atios adicado a Manuel Caneiro Ameneiros

Pintura-mural de Manolo Carballeira Rivas na cafetería do CPI de Atios

cervantesDía do Libro

O FUNCIONAMENTO DO NOSO CENTRO

Nesta páxina web, na columna da dereita hai un apartado de documentos do centro onde podedes atopar toda a normativa e proxectos que tentan facer do noso centro un lugar tranquilo e organizado. Mirádeos porque son moi interesantes.....

Mira a  nova entrada do blogue da ANPA onde desenvolvemos este tema e informamos da enquisa que propón a Xunta de Galicia.

 

 

AXUDAS PARA MERCAR MATERIAL ESCOLAR

DÁMOSVOS A BENVIDA Ó NOVO CURSO ESCOLAR E INFORMÁMOSVOS DE QUE A XUNTA CONVOCOU AXUDAS PARA MERCAR MATERIAL ESCOLAR. OS BENEFICIARIOS RECIBIRÁN UN CHEQUE DE 50€ POR CADA FILLO. A RENDA PER CÁPITA NON PODE SUPERAR OS 5400€. TOMA PARA O CÁLCULO A DECLARACIÓN DA RENDA DO ANO 2013. TEDES QUE SUMAR AS CASIÑAS 366 E 374 DE TODOS OS MEMBROS QUE PRESENTARON DECLARACIÓN E DIVIDIR A CANTIDADE ENTRE O NÚMERO TOTAL DE MEMBROS DA FAMILIA. PARA MÁIS INFO PREMEDE AQUÍ

CONCENTRACIÓN LUNS 15 ÁS 20H. EN FERROL

concentración para solicitar a gratuidade universal de libros de texto e material escolar

QUEREMOS UNHA EDUCACIÓN GRATUÍTA.

como todos sabemos, esta reivindicación non é nova. é un constante cabalo de batalla ano tras ano. a educación dos nosos fillos ten que ser igual para todos e, por suposto,gratuita, estendéndose esa gratuidade a todo o material didáctico necesario para a súa formación. non pode ser que o  comezo dun novo curso sexa un motivo de endebedamento para moitas familias que xa vivimos nun continuo botar contas para chegar a fin de mes. LE MÁIS NO BLOGUE DA ANPA

FESTIVAL FIN DE CURSO EXTRAESCOLARES

familias!!!! estades convidados ó festival de fin de curso das actividades extraescolares.

celebrarase nas seguintes datas:

festival actividades deportivas, no cole o mércores 27 ás 5.

venres 29 xornada de portas abertas en piscina e despois

actuacións e proxeccións na casa da cultura o venres 29 ás 7.

o mércores faremos a presentación de novas actividades para o próximo curso.

esperámosvos.

MÁIS INFO AQUÍ

Distribuir contido


by Dr. Radut