MERENDAS SAUDABLES

Suxerencias de merendas para alumnado do centro, en especial para o alumnado de Infantil e Primaria.

LIBRO DA MATERIA DE FÍSICA E QUÍMICA 2º ESO. CURSO 2024/25

MATERIA     TÍTULO AUTOR EDITORIAL EDICIÓN ISBN LINGUA
FÍSICA E QUÍMICA  FÍSICA Y QUÍMICA 2 ESO J. Barrio Gómez; Eva López Pérez OXFORD 2023 978-0190-539863 CASTELÁN

REUNIÓNS COMEZO DE CURSO

O mércores 18 de setembro terán lugar as reunións de comezo de curso cos titores.

Haberá unha breve presentación conxunta para cada etapa dirixida polo director do centro e logo, os proxenitores/acolledores acudirán á aula co seu titor correspondente onde tratarán as cuestións relativas ao seu grupo clase.

  • Educación primaria: Mércores 18 de setembro, ás 17:00h no salón de actos. (de 2º a 6º de EP)
  • Educación secundaria: Mércores 18 de setembro ás 18:00 no salón de actos.

O equipo directivo.

OFERTA DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DA ANPA O FORTE. CURSO 2024/25

Tagged:  

Estimadas familias:

Comeza un novo curso escolar, dende a ANPA imos manter as actividades que o curso pasado tiveron éxito entre o alumnado e ofertamos dúas novas propostas das que ampliamos información no documento adxunto

  •  Informática- mecanografía -robótica 

  •  Música e Movemento

Por petición de varias familias damos a opción de ir 2 días a Zumba e engadimos Fútbol Gaélico para Primaria. Cómpre aclarar que a actividade de Gaélico NON leva parella a disputa de partidos na fin de semana. SÍ pode ser posible a realización dalgún torneo de xeito puntual.


Para inscribirse tedes que cubrir o formulario que atoparedes no seguinte enlace:

 Enlace (pincha aquí)

As actividades de 14:30 a 15:25 rematan a tempo para volver no autobús e as marcadas en azul non.

Igual que o ano pasado, a partir da inscrición nunha segunda actividade por familia descontaráse 2 € por actividade

Tódalas actividades teñen un recargo de 5€/mes para as familias non sociaspolo que reenviamos enlace para facervos socios da ANPA Enlace (pincha aquí)

Datas importantes a ter en conta:

  • PRAZO DE INSCRICIÓN: Ata o venres 20 de setembro.

  • Publicación das extraescolares na que se formou grupo (mínimo 8): xoves 26 de setembro.

  • Comezo das actividades: 1 de outubro de 2024.

  • Fin das actividades: venres 30 de maio 2025.

Un agarimoso saúdo

A directiva da ANPA O Forte

n/d

AVISO IMPORTANTE

O VENRES 26 DE XULLO PERMANECEREMOS PECHADOS POR PONTE

DESCULPADE AS MOLESTIAS

CARREIRA SOLIDARIA CONTRA A LEUCEMIA INFANTIL

Como todos os anos no noso centro celebramos unha carreira

solidaria, este ano as doazóns serán pola loita “Contra a leucemia

infantil” toda a recaudación irá destinada á investigación desta

enfermidade. Cada ano en España 350 nenos son diagnosticados de

leucemia, 1 de cada 5 non consegue sobrevivir, coa nosa participación

podemos axudar a lograr que o 100% se cure.

Este ano a recaudación foi de 676,50€

Queremos agradecer á Comunidade educativa a súa enorme participación 

Moitos grans de area xuntos fan unha montaña.

GRAN XORNADA DE FUTBOL GAÉLICO EN URDILDE

O 14 de xuño o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria participou nun

torneo intercentros de fútbol Gaélico enmarcado dentro do programa XOGADE

que tivo lugar no CEIP de Pumar en Urdilde

No torneo participaron o noso centro, o CPI Viaño pequeno, de Trazo e o CEIP

de Pumar en Urdilde 

Os rapaces e rapazas pasaron unha xornada de convivencia e competición na

que os postos acadados forón dous segundos postos e un tercer posto nas

diferentes categorías.

Noraboa rapaces e rapazas.

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE ESO AO RENDEMENTO

CONVOCATORIA Premios extraordinarios de Educacion Secundaria Castilla y  León. Curso 24-25 - STECyL-i

Está aberto o período de presentación de solicitudes para participar nos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico 2023-2024 ata o 8 de xullo. Pode presentarse o alumnado cunha nota media na ESO igual ou superior a 9 puntos.

Para máis información pincha na ligazón.

COMEDOR ESCOLAR 2024/25

Instrucción 1/2024 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería  Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional do 1 de xuño, sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión directa, no curso 2024-2025.

Todo o alumnado usuario do comedor escolar deberá entregar o impreso de autodeclaración de prezos públicos de comedor antes do 1 de setembro (recoméndase facelo antes do 31 de xullo.)

            Impreso de autodeclaración 1

Está aberto o prazo para inscribirse como colaboradores de comedor ata o 8 de setembro

ANUNCIO APERTURA DE PRAZO

 

                                                   Impreso solicitude colaboración atención comedor escolar  

 

LIBROS DE TEXTO CURSO 2024/25. EDUCACIÓN SECUNDARIA

Libros de texto curso 2023/2024 – IES Eladio Cabañero

Premede nos vínculos de cada un dos cursos para ter acceso á listaxe de libros de texto das materias que non están no programa e-dixgal para o curso 2024/25

1º ESO

2º ESO

3º ESO

4º ESO

CONCERTO DE FIN DE CURSO POLO DÍA EUROPEO DA MÚSICA

Este venres 21 de xuño celebraremos un Concerto de alumnos coincidindo co Día
Europeo da Música. O alumnado da ESO deleitaranos co seu bo facer musical a partir das 12h no Salón de Actos do centro. 
Estades convidados!
Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013