O PROXECTO: Lupis & Lupis

O PROXECTO DE LUCÍA 

Lucía presenta o seu proxecto Lupis & Lupis onde a creatividade, orixinalidade e exclusividade, son o seu selo persoal como xa se ve reflexado no logotipo da empresa. O amor polo animal print , é decir polos looks  arriscados, fortes e con visibilidade, prendas atrevidas e femininas.

Nace dunha necesidade propia xa que Lucía ten un estilo de vestir bastante definido e gústalle vestir prendas diferentes. Ela considera que outras marcas non ofrecen ,nin a mesma calidade, nin a mesma creatividade nas prendas que ela quere ofrecer.

 

Aínda que está dirixida a un grupo de persoas bastante amplo, tampouco son prendas para todo o mundo xa que as persoas que vistan prendas de Lupis & Lupis, tanto por formas coma polas cores, irán diferentes ó resto da xente. A idea de Lucía é que calquera prenda que cree, soamente hai unha prenda por talle. Sobre todo diríxese a un público bastante novo e que precisa ir diferente dentro das tendencias actuais da moda.

 

A elección do nome, Lupis & Lupis, foi bastante persoal, xorde fai varios anos atrás cando Lucía participou no seu primeiro desfile e tiña que escoller un nome para a roupa que presentaba. Lupis é como adoitan chamar a Lucía no seu ámbito familiar, de aquí saíu a idea da marca Lupis & Lupis, unha marca de roupa adaptada a persoas que buscan algo creativo, para persoas atrevidas que buscan exclusividade.

 

Presenta un mini vestido con pinzas nas costas e no dianteiro, con tul branco drapeado sobre un tecido base estampado, forrado con vistas entreteadas e cremalleira invisible no centro traseiro. Escote corazón no dianteiro e recto nas costas. Mangas ¾ abullonadas na copa cortadas en tul negro. O puño ten dous cortes e unha peza de tul branca drapeada sobre unha base de tecido negra dobre. Nos ombros leva un vivo elástico negro para axustar as mangas.