Opcións de matriculación



Persoas relatoras:

Francisco César Díaz Rey

Lucía Romaní Fernández

María Paola Guimeráns Sánchez

Iván Pena Sánchez
Diego Rúa Romero


Asesora:

Lucía Viéitez Touriño (luciav@edu.xunta.gal)


PROGRAMA (NOVEMBRO)

Venres, 3 de novembro de 2023

16:00 - 18:00 h: A biblioteca escolar como centro creativo das aprendizaxes. Francisco César Díaz Rey.

18:00 - 18:15 h - Pausa - café

18:15 h - 20:00 h Obradoiros simultáneos:

Salto de páxina. Unha aproximación ao libro de artista. Lucía Romaní Fernández.

E-textís: Tecendo Arte e Creatividade. María Paola Guimeráns Sánchez.


Sábado, 4 de novembro de 2023

09:30 - 11:30 h - Obradoiros simultáneos:

Salto de páxina. Unha aproximación ao libro de artista. Lucía Romaní Fernández.

E-textís: Tecendo Arte e Creatividade. María Paola Guimeráns Sánchez.

11:30 - 12:00 h - Pausa - café

12:00 - 14: 00 h - Obradoiro:

Gamificación dende a Biblioteca escolar. Iván Pena Sánchez e Diego Rúa Romero.


OBXECTIVOS

1.Avanzar no modelo de biblioteca escolar do s. XXI, deseñada como laboratorio creativo de aprendizaxes aberto a toda a comunidade escolar promovendo multialfabetismos, creatividade, expresión, comunicación e colaboración.

2.Deseñar recursos que contemplen os multialfabetismos e sexan inclusivos no contexto dun proxecto documental integrado ou outros proxectos colaborativos dirixidos a toda a comunidade educativa.

3.Procurar estratexias para a integración plena dos recursos da biblioteca escolar nos procesos de ensino e aprendizaxe.


CONTIDOS

1.A biblioteca escolar como espazo creativo aberto ao deseño, á creación, á experimentación e á aprendizaxe colaborativa.

2.Coordinación de proxectos colaborativos destinados a reforzar os multalfabetismos e as competencias clave do alumnado, así como a participación activa da comunidade escolar. Experiencias de calidade.

3.Outros obxectivos, recursos e actividades que hai que ter en conta na biblioteca creativa: radio e creación de produtos audiovisuais, xogos manipulativos, creatividade, investigación e exploración.




Os convidados non poden acceder a este curso, tente acceder.