CALENDARIO ESCOLAR 2016/17

Adxúntase enlace do calendario escolar para o curso 2016/17.

 

http://www.edu.xunta.gal/portal/calendarioescolar

 

 

As clases comezan o luns 12 de setembro.

LISTAXE DEFINITIVA DO FONDO DE LIBROS. CURSO 2016/17

Adxúntase a lista definitiva do fondo de libros. Ao non haber reclamacións queda exactamente igual que a lista provisinal.

Os libros entregaranse en Setembro, do 05 ao 09 de setembro (de 12 h a 14 h.).

LISTAXE PROVISIONAL DO FONDO DE LIBROS PARA O CURSO 2016/17

Adxunto publicamos a listaxe provisional co reparto dos libros existentes no Fondo de libros do centro.

Como resumo, dicir que nos cursos de 3º, 4º e 6º hai libros suficientes para todos/as os/as alumnos/as que solicitaron.

LIBROS DE TEXTO DO CURSO 2016/17

No arquivo adxunto tedes a listaxe dos libros de texto para o curso que ven.

 

Tamén podedes ver a modificación que se fixo do caderno de inglés de 3º curso, posto que o que viñamos usando foi descatalogado pola editorial este curso. na listaxe de libros xa ven correctamente o nome e o ISBN.

VIDEOCLIP "Somos os Científicos"

Despois de disfrutar coas actividades realizadas durante a Semana da Ciencia, collemos forzas para seguir afondando na ciencia o próximo curso. Este ano, entre outros traballos, realizamos un estupendo VIDEOCLIP sobre os científicos!

Xa podedes ver o resultado deste traballo audiovisual realizado polos alumnos de 6º curso (2015-16).

Compañías de teatro: "XUGA" e "FANTASTIC"

As compañías de teatro escolar "Xuga" e "Fantastic" formáronse polos alumnos que, voluntariamente, queren xogar e divertirse co teatro.

Eles mesmos elixen as obras que queren representar, buscando entre os contos da biblioteca...

Aquí iremos colgando os vídeos das súas actuacións, que os disfrutedes!

Carreira pola lingua

O pasado martes 10 de maio o noso cole participou na "Carreira pola lingua" que se celebrou no IES de Valga.

Primeiro escoitamos á banda formada polos nenos e nenas do noso cole, o de Baño e do IES.

Os compañeiros e compañeiras de 6º leron uns poemas feitos por eles.

LETRAS GALEGAS 2015-16

Para a homenaxe ao poeta lucense Manuel María fixemos un mural con traballos sobre as poesías dos "Soños na Gaiola".

Ese mural foi un fondo perfecto para as actuacións musicais e a lectura de poemas que fixemos na memoria deste gran poeta.

Aquí podedes ver un resumo das actuacións musicais:

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Ven de publicarse a Orde que regula este procedemento. Tedes aquí o enlace para acceder á información:

 

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/18988

TEATRO EN INGLÉS

O pasado venres 15 de abril os nenos e nenas de primeiro, segundo e terceiro tivemos unha contacontos en inglés. Pasámolo bomba!

Powered by Drupal - Design by artinet