Recomendámosche
DÍA DO LIBRO (23 abril 2021) - resumo
Para celebrar o Día do Libro, nas datas próximas ao 23 de abril organizamos varias actividades relacionadas coa animación á lectura:
RECURSOS: REVISTAS, XORNAIS, CONTACONTOS, TEATRO...
Aquí tedes o enlace para seguir disfrutando de estupendas lecturas en formato dixital durante o confinamento:
Propostas de Contacontos, lecturas, etc. de BAYARD
ARTUR E CLEMENTINA (Conto pola Igualdade)
Os nenos e nenas de 1º curso realizamos un videoconto sobre "Artur e Clementina", unha historia de dúas tartarugas que son parella, da que poderemos aprender unha valiosa lección sobre Igualdade.
MEMORIAS FOTOGRÁFICAS da biblioteca (PLAMBE)
Aquí podes ver as FOTOS das memorias gráficas realizadas anualmente relacionadas co traballo desenvolvido
dende a biblioteca, ao amparo do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia:
POESÍA con LOLIÑA CHAMADOIRA
No cole recibimos a visita da poetisa Loliña Chamadoira. Con ela aprendimos trucos para deixar voar a imaxinación e crear os nosos propios poemas.
Como agasallo, nós compuxemos unha canción baseada no poema "Quen son eu?" co que comeza o seu libro "Un Globo de Novelos".
Nesta ocasión, o grupo The Stars decidiu facerlle tamén unha dramatización... para que quedara máis claro iso de... "Quen son eu?"
MAXIA na Hora de Ler
Durante a "Hora de Ler" que desenvolvemos despois de cada recreo, buscamos na biblioteca os nosos libros preferidos... e este foi un deles: "O Pazo Máxico".
Agora verásr un dos trucos de maxia que podes atopar neste libro.
Que disfrutedes co espectáculo da... MAGA UXÍA !!!
GUÍA DE LECTURA (1º e 2º cursos)
Estes son os libros
recomendados para 1º e 2º curso
(que atoparás na biblioteca)
GUÍAS DE LECTURA (3º e 4º cursos)
Esta é unha selección de libros
que hai na biblioteca do colexio.
Recomendamos estas lecturas
para 3º e 4º cursos:
GUÍAS DE LECTURA (5º e 6º cursos)
Esta é unha selección de libros
que hai na biblioteca do colexio.
Recomendamos as seguintes lecturas
para 5º e 6º cursos: