O día a día

Así é o noso centro

Este é o noso centro, a nosa xente e o noso presente como escola.

Día da discapacidade 2020

O 3 de decembro o alumnado e profesorado do CEP Plurilingüe Santa Tegra conmemoramos o DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE. Co fin de sensibilizarnos sobre os seus dereitos e concienciarnos sobre as súas situacións de vida.

Ao longo da semana a música do colexio dedicouse a este día por medio da canción “Se Salen” de El Langui. Esta canción foi creada para as últimas Paraolimpiadas. O autor ademais de ser unha persoa con discapacidade debido a unha parálise cerebral, é un exemplo de superación, vitalidade, con gran sentido do humor e positividade. É cantante, actor, presentador de televisión e de radio, comunicador, escritor e fundador de unha Asociación Socio-Cultural “A mí no me digas que no se puede”, para fomentar a lectura, previr o absentismo, potenciar o respecto, a convivencia e a cidadanía.

Nesta semana, e máis concretamente neste día, nas diferentes aulas realizáronse diversas actividades para traballar sobre esta temática. Tratouse o tema nas asembleas, elaborouse un cuestionario “en liña” con preguntas sobre diferentes conceptos relacionados coa discapacidade, o alumnado buscou persoas recoñecidas nos diferentes ámbitos da vida (ciencia, investigación, artes, literatura, deportes...) con discapacidades ou diversidade funcional, que logo se pegaron nun mural.

A continuación pódense ver as fotos do día e o enlace ao Blog de Orientación no que se pode ver o vídeo da canción e facer o cuestionario.

1º

Podedes ler a entrada sobre o Día da discapacidade no blog de orientación pemendo nesta ligazón

COMPARTINDO POESÍA

   COMPARTINDO POESÍA   

O 21 de marzo foi o día da POESÍA. Como non se puideron facer as actividades que tiñamos preparadas, na seguinte ligazón do blogue "AS COUSAS DE FERVELLO" poderedes ler poemas de distintos autores.

Na sección do blogue "QUEREMOS POESÍAS" invitámosvos a tod@s a ser poetas por un día.

Publicaremos as vosas aportacións!!!

Distribuir contido