O alumnado de 3º, 4º e 6º visitamos o Centro Interactivo de Educación Ambiental Naturnova.
O NOSO PLANETA. O UNIVERSO. Durante a visita aprendemos e descubrimos moitas cousas relacionadas co noso planeta e a súa orixe, a súa composición e os distintos fenómenos metereolóxicos.
O SER HUMANO. IMPACTO AMBIENTAL. Tamén visualizamos os efectos que está a ter no medio ambiente o continuo maltrato por parte do ser humano e as accións que levamos a cabo para un mellor aproveitamento das enerxías renovables .
SIMULADOR SUBMARINO. Ademáis fixemos unha inmersión simulada nun submarino pola ría de Vigo, para coñecer mellor as distintas especies de animais que temos na nosa ría e os seus nomes.
Pasámolo xenial!!!
Clicando nas imaxes poderás ver unha mostra da saída.
Para ver as fotos: 3º - 4º - 6º