Esta vez foi o alumnado de 3º o que, da man de Eva F. Deza, levou a cabo a andaina dende o colexio ata a Carballeira da Guía para estudar e coñecer a nosa contorna en inverno. Equipados cos cadernos de campo que nos trouxo Eva, fixemos a primeira parada dentro do noso patio para observar o que, segundo nos dixo ela, é o mellor acivro de Teis. Estudamos a forma das súas follas e cunha lupa especial observamos con detemento os seus froitos vermellos que por certo saen no inverno. |
|
O percorrido ata a carballeira foi moi interesante. Fixemos paradas sempre que Eva tiña algo interesante que ensinarnos e nós, moi atentos, escoitabamos e iamos anotando no noso caderno todo o que considerabamos importante. Moitas grazas Eva por compartir connosco o teu tempo e os teus coñecementos. Máis imaxes na nosa GALERÍA DE FOTOS |