O espazo do comedor

 

O   E S P A Z O   D O   C O M E D O R

Como monitoras do comedor do colexio CEP Santa Tegra queremos destacar a aprendizaxe dos nenos e nenas dentro dun espazo como é o comedor escolar relativa a: bos hábitos alimentarios, comportamento, autonomía, hixiene, responsabilidade e sobre todo, sociabilidade entre diferentes culturas e costumes, fomentando sempre o respecto e a igualdade.
Gustaríanos salientar tamén as actividades creativas que nel se levan a cabo. Despois das comidas, unha vez aseados, este espazo vólvese un lugar onde os cativ@s poden dar renda solta á súa creatividade cando o tempo non nos permite xogar ao aire libre. Esta creatividade queda plasmada en debuxos e traballos artísticos onde nenos e nenas preséntannos todo o marabilloso mundo da infancia que nós, como adultos, perdemos hai tempo.
Todos os traballos artísticos que realizan os nen@s durante o curso escolar son recompilados a modo de “arquivo de imaxes” no caso de que sexa de interese para as familias ou profesores.
Debuxo de Lucía, o seu  entorno, papá, mamá, irmán e ela mesma "Esculturas de Digno: Polbo e xirafa de Adriana"
Debuxo de Diego: “O meu colexio e eu” Debuxo de Matías: “Seres do mar”
“Ser fantástico” Debuxo de Adán: "O seu amigo caracol e el mesmo".

MONITORAS:
Elisabet Bayer, integradora social e monitora de Educación Especial.
Esther Martínez, cunha dilatada experiencia no comedor do CEP Santa Tegra.
Ángela Fernández, diplomada en magisterio e cun master en Educación Infantil.
Cristina Sicilia, licenciada en Bellas artes, especializada en investigación e creatividade infantil.