AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE
TEXTO E MATERIAL ESCOLAR, ASÍ COMO
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS
CURSO 2019-20
O DOG do 20 de maio publica a ORDE do 3 de maio pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2019/20.
- Fondo solidario de libros de texto: alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria.
- Axudas para a adquisición de libros de texto: alumnado de 1º e 2º de primaria.
- Axudas para a adquisición do material escolar: alumnado matriculado en primaria.
As solicitudes presentaranse, dende o día 21 de maio ata o 21 de xuño de 2019 por un dos seguintes medios:
- Por VÍA ELECTRÓNICA nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática Fondolibros, https://www.edu.xunta.es/fondolibros/ , a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
- De forma presencial na SECRETARÍA DO CENTRO onde o alumnado curse estudos no vindeiro curso.
Farase unha única solicitude por familia e centro, incluíndo nela todos os fillos que estean escolarizados nel, agás no caso de que a solicitude se tramite por vía electrónica empregando a aplicación Fondolibros que será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno.
O horario de secretaría para este fin será de 9:00 a 9:30 e de 13:30 a 14:00.
Será REQUISITO FUNDAMENTAL para acceder ao fondo
solidario, ou recibir as axudas para libros ou material
escolar TER DEVOLTO OS LIBROS do curso 2018-19.
Máis información dos termos da convocatoria no enlace ao DOG onde se publica:
A solicitude pode descargarse ou cubrirse online no seguinte enlace:
..........................................................................................................................................................................................................................................