Skip to Content

BIBLIOTECA PARA FAMILIAS

ESTAMOS DE ESTREA!

Queridas familias, queremos darvos a coñecer este novo espazo da biblio. Na entrada do cole tedes á vosa disposición a "Biblio familias" con dúas zonas diferenciadas: 

  • Zona de préstamo de libros da biblioteca do centro. Só tedes que rexistrar o libro ou libros que levades emprestados e desfrutar deles durante dúas semanas.
  • Zona de intercambio de libros. Son libros que podedes aportar da casa para compartir durante este curso. Con só aportar un xa poderedes desfrutar de todos os libros deste recanto. Nesta zona atoparedes dous cadernos de rexistro: un para anotar os libros que aportedes e outro para anotar os que vos levades para ler. Ao finalizar o curso devolveranse os libros aos seus donos e donas.

Animádevos a participar nesta iniciativa. Cantos máis aportemos, máis rico será o recanto e máis poderemos desfrutar da lectura!

 

GRAZAS E FELICES LECTURAS!

 

    ZONA FONDOS COLE
 

  ZONA DE INTERCAMBIO APORTACIÓNS FAMILIAS

 
 
 
 


    

book | by Dr. Radut