Skip to Content

ACTIVIDADES PARA MANTER A CONDICIÓN FÍSICA NA CASA

O máis importante para pasar esta cuarentena cos nenos e nenas na casa con éxito é evitar que pasen os días pegados a unha pantalla. É importante que continúen coa súa mesma rutina: hora de erguerse, aproveitar a mañá para facer os deberes e fomentar o estudo, así como o horario de comidas, merendas e ceas.

Polas tardes podemos aproveitar para facer un pouco de exercicio todos xuntos. Practicar deporte é moi beneficioso para reducir, sobre todo nestes momentos, os niveis de ansiedade e preocupación. Algunhas das actividades que podemos facer cos nenos e nenas son as seguintes:

-O GANSO DA CONDICIÓN FÍSICA.

 

PROBAS DO XOGO DO GANSO DA CONDICIÓN FÍSICA.

1-Skiping durante 15 segundos.

2.-Talóns aos glúteos durante 15 segundos.

3.-Flexión profunda de pernas cunha adiantada e a outra atrasada durante 15 segundos.

4.-Flexión profunda de pernas adiantandoas e atrasandoas á vez durante 15 segundos.

5.-Subir e baixar dunha cadeira durante 15 segundos.

6.-Facer 20 abdominais.

7.-De oca a oca e tiro porque me toca.

8.-Saltos a un lado e outro dunha corda, batendo cos dous pes durante 15 segundos.

9.-Retrocede 3 postos.

10.-Deitado cara arriba, facer a bicicleta durante 15 seg.

11.-De oca a oca e tiro porque me toca.

12.-Saltar sobre un pe durante 15 seg.

13.-Desprazarse saltando cos pes xuntos durante 15 seg.

14.-Facer 20 abdominais.

15.-De oca a oca porque me toca.

16.-Saltar subindo os xeonllos ao peito durante 15 seg.

17.-Retrocede 3 postos.

18.-Deitado cara arriba, subir e baixar as pernas 90 graos durante 15 seg.

19.-Saltar a comba durante 15 seg.

20.-De oca a oca e tiro porque me toca.

21.-Facer sentadillas durante 15 seg.

22.-Elevar de forma alterna un brazo e a perna contraria durante 15 seg.

23.-Facer a ponte.

24.-Facer 20 abdominais.

25.-Facer 10 saltos con cada pe.

26.-Manter o equilibrio sobre un pe durante 15 segundos.

27.-Retrocede 3 casillas.

28.-Flexións e extensións de brazos durante 15 seg.

29.-Deitado cara arriba, abrir e pechar pernas e brazos durante 15 seg.

-XOGOS DIVERTIDOS PARA NON ABURRIRSE NA CASA.

-XOGOS DE DESTREZA.

-CIRCUITO DE PSICOMOTRICIDADE PARA OS MÁIS PEQUENOS.



    

story | by Dr. Radut