PARABÉNS A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA! COA COLABORACIÓN DE TODAS E TODOS, ALUMNADO, PROFESORADO, FAMILIAS, JAVI, CONCELLO E DEMAIS AXENTES, CONSEGUIMOS CELEBRAR UN ANO MÁIS O FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS, QUE ESTE ANO ESTIVO ADICADO A FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO E AO 50 ANIVERSARIO DO NOSO CENTRO.
GRAZAS A TODAS E TODOS OS QUE COMPARTISTES CONNOSCO ESTA EMOCIONANTE XORNADA!
DEIXAMOS AQUÍ ALGÚN DOS VÍDEOS PARA QUE DESFRUTEDES DE NOVO!
Esta semana o alumnado de 6º tivemos a sorte de compartir unha mañá na biblio co ilustrador e escritor Adrián Morgade, autor do libro "Xinfu: Múxel attacks" sobre o cal estivemos a traballar na clase nos últimos meses.
Foi unha mañá moi especial onde Adrián nos desvelou moitas curiosidades sobre a historia así como tamén nos ensinou a debuxar as personaxes principais.
Moitas grazas Adrián pola túa visita! Foi xenial coñecerte!!