TAREFAS MÉRCORES, 10 DE XUÑO

Bo día!

Hoxe propoñémosvos unha actividade moi interesante. Seguro que todos xogastes algunha vez a ser superheroes e superheroínas e investastes cal serían os vosos superpoderes. Pois ben, a tarefa de hoxe consiste niso. Botade a voar a vosa imaxinación e inventade o superheroe no que vos converteriades. 

 

Sabemos que estades moi cansos pero pedímosvos un último esforzo, xa que non queda nada para rematar. E fixéstelo estupendamente ata agora!!!

Recordade ó escribir aspectos básicos que tanto vos recordamos, comézase por maiúscula, os nomes propios escríbense con maiúscula tamén, antes da última palabra dunha enumeración ponse "e" en lugar de coma, cando citamos varios elementos pero quédanos algún escríbense puntos suspensivos...

Sabédelos todos, simplemente é prestar atención ó escribir!!!!

Para rematar deixámosvos dous magníficos xogos:  

- Xogo 1: Pasapalabra, todos vistes algunha vez este entretido concurso, verdade? Pois agora converterédesvos nos concursantes deste programa. Animádevos a probalo, está xenial!

- Xogo 2: Memory, a través deste xogo repasaredes as táboas de multiplicar de maneira divertida. A ver se tedes memoria suficiente para completalo?Risa Antes de comezar seleccionade todas as táboas ata o 10.

E ata aquí o traballo por hoxe!!!!

Moi bo día!!!!