Día do Cómic

Boas son Uncas!      



                                                           

O pasado día 1 deste mes que comezou, maio, conmemorouse o Día do Cómic, polo que dende a biblio (debido a que nos gustaría facernos con máis cómics) vos achegamos a seguinte pregunta: Que cómic te gustaría  que conseguira a Biblioteca do cole? Seguro que as respostas que nos cheguen dende cada grupo serán ben interesantes.

 

Vos deixaos novamente, as tiras de cómic que compartimos ca vosa clase. Están cheas de humor, asi que esperamos que vos partades de risa! Se agardas, no vídeo saen unha por unha para que lle botes ben o ollo.

 

 

 

 

Rotamos! Roteiro de libros

Por fin puidemos celebrar o día do libro tal e como agardabamos! Ao aire libre desfrutando dun roteiro cheo de libros e actividades. Roteiro organizado grazas aos rapaces e rapazas de quinto e sexto curso que xunto cas profesoras do equipo da biblio crearon un circuito configurado por seis estacións que atañen diferentes temáticas en relación aos libros da nosa biblioteca:

-Chefs Caselles (cociña)

-Plantas con flor(Kamishibai) 

-Vaia conto! (contos clásicos) 

-Monicreques (obradoiro de marionetas)

-Titiriteiros (expresión oral)

-Outras linguas (lingua de signos-alfabeto dactilolóxico)

En cada unha das estacións nomeadas levouse a cabo unha curta actividade de dinamización que rematou cun agasallo final. Como foi unha xornada moi dinámica, subiremos nos próximos días máis artigos para que non perdades detalles. Clica nesta imaxe para ver tódalas fotos.

 

 

 

Día do libro!

Este 23 de abril o CEP Pedro Caselles rebosaba de "Sanchos", "Quixotes" e "Dulcineas" grazas ao fotocol que podedes ver na imaxe. Ademais os voluntarios e voluntarias deixaron o centro ambientado en relación a este día, e o certo é que lles quedou marabilloso! Non credes?

Non puidemos realizar os "obradoiros roteiros" por mor do tempo, xa que son ao aire libre, pero esta semana esperamos que o tempo nolo permita. Estamos desexándoo!

 

 

Galería Ecoarte

Como o prometido é débeda, aquí tedes o museo virtual no cal podedes gozar das obras feitas polos diferentes cursos do centro e ofertada polas voluntarias e voluntarios da biblioteca.

 

 

 

 Así mesmo, neste link podedes atopar tódalas fotos que resumen o traballo destes alumnos e alumnas.

 

https://drive.google.com/drive/folders/1IRe1wJz5c-eAHg8Qq7lekd2Dqr6-S975?usp=sharing

ECO-ARTE NO CASELLES

 

Como xa estaba anunciado na blog da biblioteca, os nenos /as voluntarios de 6º estiveron preparando unha actividade con motivo do “Mes da Ilustración”  para compartir con todos nós.

Eles atoparon na nosa biblioteca 6 libros nos que se contaba a vida de grandes ilustradores-pintores moi famosos en todo o mundo. No momento Lector, levaron a cabo unha representación  do conto para cada curso na biblioteca, mantendo todas as normas anti-COVID.

Así para os nenos/as de 1º,  Sira, Carmen e Xoel contáronnos o conto de Vincent Van Gogh , un pintor que diesfrutaba moitísimo pintando xirasois amarelos.

Para os nenos/as de 2º,  Diego e Javi foron os encargados de representar o conto de Velázquez con monicreques.  Contáronnos que a Velázquez gustáballe moito pintar princesas e infantas.

Para os nenos/as de 3º,  Antía e Kaitlinfixeron con calcetíns uns monicreques para falarnos da  vida de Picasso. Fixérono moi ben!

Para os de 4º, Chiara , Victoria e Rocío léronnos o conto de Botero. A ese pintor encantáballe pintar persoas e animais ben gordos!

En 5º, Dani e Braisforonuns estupendos contacontos para lernos a vida de Gauguin e ensináronnos moitos cadros dese pintor.

Por último para 6ºCatuxa e Breogán foron os encargados de contarnos o conto de Chagall por medio dunha representación moi ben feita.

Pero, ao acabar cada unha das representacións propuxéronlle un reto a cada aula: facer un cadro dese pintor con material reciclado.  O chamado ECO-ARTE. Quixemos pois, con esta actividade, fusionar as actividades da biblioteca ca celebración do Mes da Ilustración e co proxecto do noso CEP: o Ecomedor.

Parecéunos unha actividade preciosa e que poñía en marcha rápidamente a nosa imaxinación e creatividade. Froito diso xurdíu unha exposición de nivel dun museo importante, ao que podedes acceder de xeito virtual xunto co resto das imáxenes a través duns links na seguinte publicación. Cada cadro é auténtico e froito da imaxinación de cada grupo/aula.

Chegou a primavera ao Caselles!

 

Todos/as xuntos/as desfrutamos, máis que nunca, nestes últimos días da boa compaña. Non só dos nosos compañeiros e compañeiras de clase senón tamén do sol! Que gozada poder ter clases ao aire libre! E especialmente, degustar os libros da nosa Biblio!

 

OBRADOIRO “PONTENASONDAS”

 

                                                                                            

Boas nenas e nenos son Uncas!

 

O pasado mes, coincidindo coa conmemoración do “Día mundial da radio”, todo o alumnado de quinto curso participou nun obradoiro impartido polo equipo de “PONTENASONDAS”, co propósito de promocionar o noso programa de radio escolar, “Radio Uncas”, integrado no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares.

Este taller dividiuse en tres seccións: voz, edición e gravación dun programa de radio. Ao longo da mañá, aprenderon a modular a entoación vocal para comunicar emocións, desenvolveron habilidades tecnolóxicascomanexo do editor de son “Audacity” e, por último, gravaron un divertidísimo podcast recollendo: novas do cole, chistes curtos, actualidade, deportes… Ata unha candidatura imprevista para dirixir (nun futuro imaxinario) o Cep Pedro Caselles!!

Resulto uunha experiencia apaixoante, onde as rapazas e rapaces achegáronse ao máxico mundo da comunicación…Dende dentro! A súa participación e entusiasmo foi abraiante!!Quen sabe se dentro duns anos convértense en locutoras ou locutores de prestixio?

Aquí podedes observar canto gozamos aprendendo a “facer radio”.

 

 

 

Día de Rosalía

 
Neste curso 2020/2021 celebramos o día de Rosalía con actividades para todo o centro, pero tamén cada curso-clase gozou das súas propias. Así mesmo, o momento da entrada ao centro estivo acompañando con poemas cantados da autora. Aquí queda un resumo de como foi tal conmemoración.
 
Sendo parte da celebración do día de Rosalía, pero tamén do mes da poesía, deixamos aquí dous vídeos fantásticos das nenas e nenos de 3ºA e 3ºB.

 

 

 

Mes da Ilustración

 

Que tal estades nenos e nenas?

Son Uncas!Xa vai un tempo que non vos escribía as novas…

Como sabedes, este mes iniciamos o “Mes da Ilustración” na Biblioteca e por iso decoramos os espazos próximos á mesma cun monte de imaxes fascinantes que podedes atopar en diferentes libros. Ademais, a nosa árbore conta con libros relacionados co tema coma:

*Cuadro cuento- de Juan Ramón Brotons (Autor) e Ximena Maier (Ilustradora)

*Cuéntame un cuadro- Quentin Blake

*Descubriendo el mundo mágico de Van Gogh-María J.Jordá.

 

Vos coñecedes a algún ou algunha artista no mundo da ilustración? Os mozos e mozas de sexto son case expertos/as xa que están facendo unha investigación moi interesante sobre as mesmas e os mesmos. Pero, non vos podo contar moito máis, posto que é sorpresa. Pronto descubriremos de que se trata porque o compartirán co resto da escola Guiño

Un saudiño,

UNCAS

 

 

Mes da Ciencia 2020/2021

 

 

 

A finais do pasado trimestre celebramos o mes da ciencia. Mes que quixemos adicar especialmente (aínda que non unicamente) ás mulleres científicas da nosa terra.

 Puxemos en marcha así diferentes actividades nas que se realizaron tarefas enfocadas á investigación e á expresión verbal principalmente. Aínda que… O que máis usamos foi a nosa creatividade! E aínda que o realmente importante foi o proceso, aquí queda mostra dalgúns momentos e traballos sobre :

*María José Alonso

*Mar Campeáns

*Begoña Vilas

*Ángeles Alvariño

*Antonia Ferrín

*Leonardo da Vinci

 

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer