Abril 2021

Rotamos! Roteiro de libros

Por fin puidemos celebrar o día do libro tal e como agardabamos! Ao aire libre desfrutando dun roteiro cheo de libros e actividades. Roteiro organizado grazas aos rapaces e rapazas de quinto e sexto curso que xunto cas profesoras do equipo da biblio crearon un circuito configurado por seis estacións que atañen diferentes temáticas en relación aos libros da nosa biblioteca:

-Chefs Caselles (cociña)

-Plantas con flor(Kamishibai) 

-Vaia conto! (contos clásicos) 

-Monicreques (obradoiro de marionetas)

-Titiriteiros (expresión oral)

-Outras linguas (lingua de signos-alfabeto dactilolóxico)

En cada unha das estacións nomeadas levouse a cabo unha curta actividade de dinamización que rematou cun agasallo final. Como foi unha xornada moi dinámica, subiremos nos próximos días máis artigos para que non perdades detalles. Clica nesta imaxe para ver tódalas fotos.

 

 

 

Día do libro!

Este 23 de abril o CEP Pedro Caselles rebosaba de "Sanchos", "Quixotes" e "Dulcineas" grazas ao fotocol que podedes ver na imaxe. Ademais os voluntarios e voluntarias deixaron o centro ambientado en relación a este día, e o certo é que lles quedou marabilloso! Non credes?

Non puidemos realizar os "obradoiros roteiros" por mor do tempo, xa que son ao aire libre, pero esta semana esperamos que o tempo nolo permita. Estamos desexándoo!

 

 

Galería Ecoarte

Como o prometido é débeda, aquí tedes o museo virtual no cal podedes gozar das obras feitas polos diferentes cursos do centro e ofertada polas voluntarias e voluntarios da biblioteca.

 

 

 

 Así mesmo, neste link podedes atopar tódalas fotos que resumen o traballo destes alumnos e alumnas.

 

https://drive.google.com/drive/folders/1IRe1wJz5c-eAHg8Qq7lekd2Dqr6-S975?usp=sharing

ECO-ARTE NO CASELLES

 

Como xa estaba anunciado na blog da biblioteca, os nenos /as voluntarios de 6º estiveron preparando unha actividade con motivo do “Mes da Ilustración”  para compartir con todos nós.

Eles atoparon na nosa biblioteca 6 libros nos que se contaba a vida de grandes ilustradores-pintores moi famosos en todo o mundo. No momento Lector, levaron a cabo unha representación  do conto para cada curso na biblioteca, mantendo todas as normas anti-COVID.

Así para os nenos/as de 1º,  Sira, Carmen e Xoel contáronnos o conto de Vincent Van Gogh , un pintor que diesfrutaba moitísimo pintando xirasois amarelos.

Para os nenos/as de 2º,  Diego e Javi foron os encargados de representar o conto de Velázquez con monicreques.  Contáronnos que a Velázquez gustáballe moito pintar princesas e infantas.

Para os nenos/as de 3º,  Antía e Kaitlinfixeron con calcetíns uns monicreques para falarnos da  vida de Picasso. Fixérono moi ben!

Para os de 4º, Chiara , Victoria e Rocío léronnos o conto de Botero. A ese pintor encantáballe pintar persoas e animais ben gordos!

En 5º, Dani e Braisforonuns estupendos contacontos para lernos a vida de Gauguin e ensináronnos moitos cadros dese pintor.

Por último para 6ºCatuxa e Breogán foron os encargados de contarnos o conto de Chagall por medio dunha representación moi ben feita.

Pero, ao acabar cada unha das representacións propuxéronlle un reto a cada aula: facer un cadro dese pintor con material reciclado.  O chamado ECO-ARTE. Quixemos pois, con esta actividade, fusionar as actividades da biblioteca ca celebración do Mes da Ilustración e co proxecto do noso CEP: o Ecomedor.

Parecéunos unha actividade preciosa e que poñía en marcha rápidamente a nosa imaxinación e creatividade. Froito diso xurdíu unha exposición de nivel dun museo importante, ao que podedes acceder de xeito virtual xunto co resto das imáxenes a través duns links na seguinte publicación. Cada cadro é auténtico e froito da imaxinación de cada grupo/aula.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer