Charla Campamento Xesteira, A Lama

O alumnado de 6º ven de recibir unha charla informativa, co gallo da excursión de fin de curso ao campamento Xesteira en A Lama. Dita actividade, enmárcase dentro dunha serie de actividades recollidas no proxecto que estamos a realizar con este fin. O encargado das instalacións, Antonio, explicoulles de primeira man, as actividades das que van poder gozar, así como os utensilios que poden levar e as súas obrigas durante a estancia.

 

Os nenos e nenas participaron activamente no desenvolvemento da charla e resolveron todas as súas dúbidas, formulándolle unha serie de preguntas que quedaron perfectamente resoltas.

 

Agardamos con inquedanza realizar a actividade.

 


 

 

AS NOSAS HISTORIAS DE 5º

RELATOS DE TERROR!!!

Queredes ler uns arrepiantes relatos de medo? pois adiante e que non pasedes moito medo...


 

Entrevistas 2018

 

Entrevistas a mulleres importantes

Xa tedes á vosa disposición a nova entrega de entrevistas, nesta ocasión, sobre mulleres importantes, tema moi axeitado co gallo da celebración do Día da Muller Traballadora.

Non deixedes de lelas!!!


 

Entrevistas divertidas

Dúas alumnas de 5º B realizaron unha entrevista a uns personaxes moi peculiares. Queredes saber de quen se trata? Facede clic nas imaxes de abaixo e descubrídeo. Seguro que quedades encantados/as!!!


 

Inicio de sesión