Charla Campamento Xesteira, A Lama

O alumnado de 6º ven de recibir unha charla informativa, co gallo da excursión de fin de curso ao campamento Xesteira en A Lama. Dita actividade, enmárcase dentro dunha serie de actividades recollidas no proxecto que estamos a realizar con este fin. O encargado das instalacións, Antonio, explicoulles de primeira man, as actividades das que van poder gozar, así como os utensilios que poden levar e as súas obrigas durante a estancia.

 

Os nenos e nenas participaron activamente no desenvolvemento da charla e resolveron todas as súas dúbidas, formulándolle unha serie de preguntas que quedaron perfectamente resoltas.

 

Agardamos con inquedanza realizar a actividade.

 


 

 

Inicio de sesión